Sorbete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sorbete de framboesa.

Un sorbete é un xeado que contén en masa, como mínimo, un 15% de froitas e un 20% de extracto seco total[1] Tómase coma sobremesa xeada que, ao contrario do xeado, non contén nata (ou crème fraîche), leite ou xema de ovo. Prepárase cun puré de froita ao que se lle engade auga e xarope de azucre. Son sabores comúns de sorbetes: limón, laranxa, mandarina, framboesa, amora, manga, viño, cava, licores ou café.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra ten orixe no italiano "sorbetto", a partir do turco"şerbet", que á súa vez ten orixe no persiano "šarbat" ou " شربة" (bebida elaborada á base de auga e de zume ou xarope de froita azucrada).

Historia[editar | editar a fonte]

Disque os sorbetes foron as primeiras sobremesas xeadas. Os xeados tal e como son coñecidos hoxe en día, preparados con leite ou nata, non fixeron a súa aparición até o século XVII despois de que se fose transmitindo a receita tradicional dende China deica Italia a través da ruta da seda. Os sorbetes na súa orixe estaban compostos de xeo, mel e zumes de froitas xeadas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]