Soraya Arnelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soraya nunha entrevista para 20 minutos en 2009.

Soraya Arnelas Rubiales, máis coñecida como Soraya, nada en Valencia de Alcántara (Cáceres) o 13 de setembro de 1982, é unha cantante española.

O seu debut discográfico comenzou con Corazón de fuego lanzado en 2005, baixo os sellos discográficos de Santarder Records e Vale Music. En total lanzou catro álbums de estudo e nove singles.

O 16 de maio de 2009, participou como representante de España no Festival de Eurovisión, con tema La noche es para mí.

Comezo artístico[editar | editar a fonte]

Soraya nas festas de la Mercè, en Barcelona, en 2006

Naceu o 13 de setembro de 1982 en Valencia de Alcántara (Cáceres). Creceu e criouse no seu pobo natal no que realizou os seus estudos escolares no colexio concertado Nuestra Señora de los Remedios, que alcanzan ata 2º de bacharelato. Tras traballar un tempo en Radio Frontera, a radio local, dedicouse á profesión de azafata de voo, traballo que durante a súa aprendizaxe permitiulle o dominio do inglés, francés e portugués.

Soraya entrou no concurso televisivo Operación Triunfo na súa cuarta edición. Ao contrario que os seus compañeiros, entrou na academia sen experiencia algunha posto que nunca cantara de xeito profesional. Non foi unha das favoritas do público, pero si do xurado, que só a nomeou nunha ocasión na que foi salvada polos profesores da academia. Chegou á gala final do concurso xunto a Sergio Rivero e Víctor Estevez, proclamándose segunda finalista tras non poder superar a Sergio, que gañou cun 53% dos votos fronte ao 47% conseguido por Soraya.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudo[editar | editar a fonte]

Singles[editar | editar a fonte]

Colaboracións musicais[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Soraya Arnelas
Predecesor:
"Baila el Chiki-chiki"
Rodolfo Chikilicuatre
EuroEspaña.svg
España no Festival de Eurovisión

2009
Sucesor:
"Algo pequeñito"
Daniel Diges