David Fernández Ortiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rodolfo Chikilicuatre")

David Fernández Ortiz, nado en Igualada, Barcelona, o 24 de xuño de 1970, é un humorista catalán, aínda que tamén exerce de cantante, actor e mesmo actor de dobraxe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Estudiou xoiería industrial. En 1998 entrou a formar parte da compañía La Cubana; o seu primeiro espectáculo foi "Me lo dijo Pérez", e participou en varias obras de teatro, como Equipatge al 2000 e Una nit d’òpera.

Televisión e teatro[editar | editar a fonte]

En 2002, empezou a colaborar coa produtora El Terrat e foi protagonista da obra de teatro producida por El Terrat: Comando a Distancia.

A súa primeira aparición en televisión foi co programa Una Altra Cosa, na TV3, dirixido por Andreu Buenafuente, en 2004. Nesta época fíxose famoso dando vida a personaxes como el Gilipollas ou Narcís Reyerta.

Despois foi fichado polo programa Buenafuente (primeiro en Antena 3 e despois en laSexta), presentado polo mesmo Andreu Buenafuente. Foi alí onde se deu a coñecer como humorista en toda España encarnando a personaxes propios como el Gilipollas, Zuloaga, Nataly Pussy, Marcia ou Santi Clima e outras imitaciones a personaxes famosos como Michael Jackson.

Buenafuente[editar | editar a fonte]

Na etapa de Buenafuente en LaSexta, David Fernández interpretou a varios personaxes relacionados con noticias reais de actualidade, de forma aleatoria. O 21 de xaneiro de 2008, encarnou o papel dun arxentino anónimo que inventara a guitarra con vibrador incorporado. Días despois, reapareceu no espazo, bautizado co nome de Rodolfo Chiquilicuatre, que, a modo de agradecemento, presentou a Buenafuente unha canción denominada Baila el Chiki Chiki, peza presuntamente composta por Santiago Segura (letra) e Pedro Guerra (música), tal e como o reflexan moitos medios de comunicación; porén todo foi unha parodia á que se prestaron para o programa. Buenafuente decidiu presentar a canción ó concurso que TVE e Myspace organizaran para a selección da canción representante de España no Festival de Eurovisión do mesmo ano.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Fernández Ortiz Modificar a ligazón no Wikidata
Predecesor:
"I love you mi vida"
D'Nash
EuroEspaña.svg
España no Festival de Eurovisión

2008
Sucesor:
"La noche es para mí"
Soraya Arnelas