Song of the Birds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Song of the Birds
Título orixinal Song of the Birds. Sayings, stories and impressions of Pau Casals.
Autor Julian Lloyd Webber
País Reino Unido
Lingua Inglés
Xénero(s) Ensaio
Editorial Robson Books
Data de pub. Xuño de 1985
Páxinas 120
ISBN ISBN 0-86051-305-X (primeira edición)

Song of the Birds é unha recompilación de frases, historias e impresións do violonchelista catalán Pau Casals recollida polo violonchelista británico Julian Lloyd Webber e publicado en 1985.

Casals foi un dos violonchelistas máis respectados do mundo. Foi unha lenda en vida, tan poderosa que cando, en protesta contra o réxime de Franco, comezou un exilio autoimposto na pequena vila pirenaica de Prades ao norte da fronteira co Estado español, os músicos máis importantes do mundo negáronse a permitir que o xenio de Casals permanecera descoñecido e reuníronse alí, creando un famoso festival no corazón das montañas. As palabras e ocorrencias de Casals eran tan lendarias como as súas interpretacións musicais. A súa impresionante carreira abarcou máis de medio século: tocou antes da raíña Victoria en 1899 e foi invitado por dous presidentes dos Estados Unidos (Theodore Roosevelt en 1904 e John Fitzgerald Kennedy en 1961) para tocar na Casa Branca.

Por riba de todo, Casals foi impulsado pola fe na bondade innata dae humanidade. "Eu son un home en primeiro lugar, en segundo artista", declarou, e en Song of the birds Julian Lloyd Webber recolleu, como un acto de homenaxe, frases, impresión e historias do pequeno mestre catalán que ilustran o seu espírito indomable como artista e persoa.