Enric Casals Defilló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enric Casals i Defilló, nado en Barcelona o 26 de xullo de 1892 e finado o 31 de xullo de 1986, foi un violinista e compositor catalán, irmán de Pau Casals.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar música co sei pai, Carles Casals Ribes. Posteriormente foi discípulo de Rafael Gàlvez e de Mathieu Crickboom, estudou composición no Conservatorio de Bruxelas e foi alumno de Frantisek Suchy en Praga. Fundou o cuarteto de corda Enric Casals. Entre 1919 e 1936, foi violinista e violonchelista da Orquestra Pau Casals, que tamén dirixiu ocasionalmente. Instrumentou pezas do seu irmám Pau, como o oratorio El Pessebre. Tivo de discípulos a Gonçal Comellas, Eduard Bocquet, e Lluís Claret.

Compuxo concertos para violín e violonchelo. Tamén e autor dunha vintena de sardanas, que se considera seguen a tradición de garretiana. Como mostra da autoexixencia compositiva de Enric Casals, temos as seguintes palabras: "Eu preguntaría a certos Compositores de sardanas durante a dictadura si son capaces de escribir unha sonata, ou un concerto, ou un poema simfónico. Si non son capaces de escribir unha obra desta importancia, non son compositores, e se non o son, con que dereito están enfeando a nosa danza?".

O mes de xullo de 2011 a súa familia cedue, mediante a Fundació Pau Casals, 183 documentos do músico e violinista ao Arquivo Nacional de Cataluña.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Concerto para violín
  • Concerto para violonchelo e orquestra
  • Suite en Re menor: Homenaxe a Pau Casals (1973), para violonchelo

Sardanas[editar | editar a fonte]

  • A en Juli Garreta (1924), coa melodía de Els Segadors
  • Angoixa (s/d), coa melodía de Els Segadors
  • Barcelona (1976)
  • Catalunya avant (1910), con melodías populares (Rossinyol que vas a França)
  • Dramàtica, composta para orquestra
  • Era una vegada (1935)
  • Festa (1920)
  • La font del Penedès (1954)
  • Heroica (1919), adicada ao seu irmán Pau
  • Íntima (1920)
  • Lleida a la Verge de Granyena (1976), para coro e cobla
  • Lluny...! (1918), escrita en Montevideo
  • La mainada de Sant Salvador (1928), coas melodías do Senyor Ramon e de El General Bum-Bum
  • Montserrat en primavera (1968), sardana de encargo, con melodías de Montserrat
  • La nena galana (1908)
  • La platja de Sant Salvador, é outroe título para a sardana La mainada de Sant Salvador
  • Recordant Conrad Saló, é outro título para a sardana Íntima
  • Sardana de carrer (1927)
  • La sardana dels Tres Reis (1983), para coro e cobla
  • Setembre (1924)
  • Tarragona (1927)
  • Tres amors (1949)
  • Trista (1925)
  • El Vendrell (1948)

Instrumentacións de obras[editar | editar a fonte]

  • Juny, de Juli Garreta, instrumentada para orquestra sinfónica

Instrumentacións de obras de Pau Casals[editar | editar a fonte]

  • El cant dels ocells, canción popular catalana harmonizada por Pau Casals
  • Himno das Nacións Unidas
  • El Pessebre, oratorio
  • Sant Martí del Canigó, sardana

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Enric Casals Pau Casals: dades biogràfiques inèdites, cartes íntimes i records viscuts Barcelona: Pòrtic, 1979 [2a. edición, 1981]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]