Soichi Noguchi
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Soichi Noguchi (野口聡一 Noguchi Sōichi), nado o 15 de abril de 1965 en Yokohama, é un enxeñeiro aeronáutico e astronauta xaponés. Foi o quinto xaponés en viaxar ao espazo.
Índice |
Traxectoria [editar]
Aínda que nado en Yokohama, pasou a súa infancia na cidade de Chigasaki. Entre 1984 e 1989 estudou na Universidade de Toquio onde se licenciou e doutorou en Enxeñería Aeronáutica[1]. Despois de graduarse, Noguchi traballou para a empresa Ishikawajima-Harima, na área de I+D do seu departamento de aeronáutica e traballou no deseño de aerodinamicidade de avións comerciais[2].
A Noguchi seleccionárono como candidato a astronauta na Axencia Xaponesa de Exploración do Aerospazo en xuño de 1996. Dous meses despois comezou o seu adestramento nas instalacións da NASA en Johnson Space Center. Ao cabo de dous anos obtivo a cualificación de especialista de misión, e marchou a Rusia a proseguir a súa fomarción no Centro Gagarin de Adestramento de Cosmonautas en 1998. Incorporouse ao equipo técnico do módulo xaponés da Estación Espacial Internacional e en abril de 2001, como tripulante da STS-114.
Noguchi foi en 2009 na tripulación da Soyuz TMA-17[3]. Cando estaba no espazo, en viaxes desenvolvidas en 2010, tomou diversas fotografías da Terra e publicounas en Twitter, a través de Twitpic. Entre esas fotos estaba unha da ría de Vigo[4].
Notas [editar]
- ↑ Astronaut Bio: Soichi Noguchi (5/2008), NASA, consultado o 9/9/2009
- ↑ Astronaut Bio: Soichi Noguchi (5/2008), NASA, consultado o 9/9/2009.
- ↑ Astronaut Bio: Soichi Noguchi (5/2008), NASA, consultado o 9/9/2009.
- ↑ Soichi Noguchi, propuesto hijo adoptivo de Vigo, El Correo Gallego, 23/9/2010
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- A súa conta de Twitter: Astro_Soichi
- Biografía oficial na web da NASA
- Perfil de tripulante da STS-114