Sobreira de Santiorxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°30′01″N 7°23′35″O / 42.5002543, -7.393138 A sobreira de Santiorxo é unha sobreira situada na aldea de Santiorxo, na parroquia pobrense de Liñares.

Características[editar | editar a fonte]

Este tipo de árbore típica da Ribeira Sacra, crece tamén na zona mediterránea, na zona sur de España na zona cantábrica e as rías galegas. Esta árbore é varias veces centenaria e ten unhas dimensións moi grandes: case 3 metros de diámetro e 10,8 de perímetro. As abraiantes dimensións do tronco deste exemplar son consecuencia dunha enfermidade que a atinxe, facendo que o tronco se fure polo medio.

Outra sobreira tamén centenaria encóntrase a 70 m ó nacente desta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]