Sneschana Russewa-Hoyer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSneschana Russewa-Hoyer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1953 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Krushari, Bulgaria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngravadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHeinz Hoyer (1976–)

Sneschana Russewa-Hoyer, nada en Krushari, provincia de Dobrich, o 10 de xaneiro de 1953, é unha deseñadora e gravadora de medallas, moedas e selos búlgara establecida en Alemaña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sneschana Russewa-Hoyer estudou o seu ensino secundario nun instituto de ensinanzas artísticas de Sofía, e posteriormente cusou estudos superiores de Deseño Gráfico na Academia de Arte Weißensee de Berlín, entre os anos 1972 e 1977.[1]

A partir de 1985 traballou de xeito independente en proxectos como o deseño de selos postais para a República Democrática Alemá.[1]

En xuño de 1976 casou co escultor e gravador Heinz Hoyer, que fora o seu compañeiro durante os seus estudos. Xunto con el, Sneschana foi tamén a creadora de varias moedas conmemorativas do sistema do marco da República Democrática Alemá durante a década de 1980.[1][2]

O matrimonio Hoyer foi elixido tamén polo Bundesbank para deseñar o anverso nacional das moedas alemás do euro con valores de un e de dous euros, que comezaron a emitirse en 2002.[1][2]

Igualmente, Sneschana Russewa-Hoyer foi unha das gravadoras encargada do deseño da moeda de dous euros conmemorativa do Tratado do Elisio, emitida en 2013 conxuntamente por Francia e Alemaña.[3]

Como medallista, un exemplo da súa produción é a medalla elaborada en 2009 con motivo da xubilación de Wolfgang Steguweit, director do Gabinete Numismático de Berlín.[4]

Escolma de obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]