Slackline

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estudante practicando slackline na Universidade de Cambridge

O slackline é un deporte de equilibrio no que se utiliza unha fita que se engancha entre dous puntos fixos, normalmente árbores, e ténsase. A diferenza do funambulismo, que esixe que o cable estea totalmente tenso, camíñase sobre unha fita plana de nailon ou poliéster flexible. Na corda frouxa camíñase sobre unha corda sen tensar. No slackline a fita é lixeiramente elástica, o que permite efectuar saltos e movementos máis dinámicos, mesmo posturas de ioga ou acrobáticas, e a tensión da fita pódese axustar segundo o nivel de experiencia do usuario ou a modalidade.

Modalidades[editar | editar a fonte]

Existen varias modalidades de slackline, a máis común é o "trickline", coa fita situada a pouca distancia do chan e bastante tensada, nesta modalidade practícanse saltos e trucos. A modalidade "waterlining" realízase sobre a auga. A "slackline Ioga" utiliza posturas e movementos tradicionais do ioga. A modalidade máis extrema é o "highline" con fitas situadas a máis de 20 metros de altura, esta modalidade require un equipo especial e experiencia en seguridade e montaxe. O "urbanlining" practícase en zonas urbanas, como parques ou rúas, e combina os outros tipos de slackline.

Practicando a modalidade "highline" no Parque Nacional de Yosemite

Historia[editar | editar a fonte]

A súa orixe está nunha parella de escaladores do Val de Yosemite, en California, nos primeiros anos da década de 1980. Adam Grosowsky e Jeff Ellington comezaron a camiñar por cadeas frouxas e cables preto dos aparcadoiros como forma de adestramento. Co tempo empezaron a utilizar o seu propio material de escalada para camiñar sobre el. A práctica fíxose popular entre os escaladores do val, e despois espallouse polo resto do país e o mundo. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]