Fianna Fáil
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Fianna Fáil | |
|---|---|
| Partido político de Irlanda | |
| Fundación | 23 de marzo de 1926 |
| Sede | 65-66 Lower Mount Street, Dublín 2, Irlanda |
| Ideoloxía | Nacionalismo irlandés Republicanismo Centrismo |
| Representación | 78 (de 166) parlamentarios no Oireachtas |
| Filiación internacional | Unión pola Europa das Nacións |
| Mocidades | Ógra Fianna Fáil |
| Páxina web | www.fiannafail.ie |
Fianna Fáil (expresión en irlandés que aproximadamente significa Soldados do Destino) é un partido político irlandés conservador fundado por Éamon de Valera en 1926 como escisión do Sinn Féin ao negarse este a recoñecer a constitución do Estado Libre de Irlanda despois da Guerra Civil irlandesa.
Índice |
Situación política actual [editar]
Este partido é a primeira forza política de Irlanda (co 41,5% dos votos e 81 de 166 parlamentarios no Parlamento Irlandés). Mary McAleese (presidenta de Irlanda) é do Fianna Fáil así como Brian Cowen (primeiro ministro irlandés).
Líderes do FF [editar]
- Éamon de Valera (1926–1959)
- Seán Lemass (1959–1966)
- Jack Lynch (1966–1979)
- Charles Haughey (1979–1992)
- Albert Reynolds (1992–1994)
- Bertie Ahern (1994–2008)
- Brian Cowen (2008–presente)
Fianna Fáil en Europa [editar]
Fianna Fáil (ou FF) forma parte do UEN (Unión pola Europa das Nacións).