Sete marabillas de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sete marabillas de Portugal
Torre de Belén e Mosteiro dos Xerónimos
Castelo de Guimarães
Castelo de Óbidos
Mosteiro de Alcobaça
Mosteiro de Batalha
Palacio da Pena

As Sete Marabillas de Portugal foron elixidas nunha votación popular que comezou o 7 de decembro de 2006 e que tivo unha duración de sete meses, feita vía Internet, teléfono ou mensaxes de texto. Esta selección fíxose co apoio do Ministerio da Cultura de Portugal.

A escolla partiu dos 794 monumentos nacionais clasificados polo IPPAR, que foron reducidos primeiro a 77 monumentos e logo a 21 por un comité de especialistas, que tiveron en conta unha serie de criterios técnicos e culturais.

O día 7 de xullo de 2007 (o día sete do mes sete do ano sete), despois do voto de máis de 350.000 portugueses, fíxose pública a lista dos sete monumentos elixidos.

Monumentos vencedores[editar | editar a fonte]

# Nome Localización Imaxe
1 Castelo de Guimarães, século X Guimarães, Distrito de Braga
41°26′53″N 8°17′25″O / 41.44806, -8.29028
2 Castelo de Óbidos, 1195 Óbidos, Distrito de Leiria
39°21′49″N 9°9′26″O / 39.36361, -9.15722
3 Mosteiro da Batalha, 1385 Batalha, Distrito de Leiria
39°39′32″N 8°49′33″O / 39.65889, -8.82583
4 Mosteiro de Alcobaça, 1153 Alcobaça, Distrito de Leiria
39°32′54″N 8°58′48″O / 39.54833, -8.98000
5 Mosteiro dos Xerónimos, 1502 Santa Maria de Belém, Lisboa
38°41′52″N 9°12′24″O / 38.69778, -9.20667
6 Palacio da Pena, 1838 Sintra, Lisboa
38°47′16″N 9°23′26″O / 38.78778, -9.39056
7 Torre de Belém, 1521 Santa Maria de Belém, Lisboa
38°41′30″N 9°12′57″O / 38.69167, -9.21583

Restantes finalistas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]