Castelo de Marvão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°23.630′N 7°22.798′W / 39.393833°N 7.379967°W / 39.393833; -7.379967

Marvão
CastillodeMarvao.jpg
Concello Santa Maria de Marvão
Provincia Alentexo
Estilo arquitectónico
Estilo orixinario gótico(século XIII)
Véxase tamén
Castelos de Portugal
Castelo de Marvão, Portugal.

O Castelo de Marvão, no Alentexo, localizase na vila de Santa Maria de Marvão, no concello de Marvão, distrito de Portalegre.

O castelo forma parte do Parque Natural da Serra de São Mamede, na vertente norte da montaña, atópase nunha posición privilexiada na vila, polo que ten unha posición estratéxica, co que controlaba, no pasado, o paso do río Sever, afluente do río Texo. Isto atrouxo a atención de diversos monarcas, que remodeloraron o castelo, ata o seu aspecto actual.

Características[editar | editar a fonte]

O Castelo de Marvão erguese nunha cordilleira de cuarzo, a 850 metros sobre o nivel do mar, entre as súas murallas atópase a vila medieval. Estas, reforzadas por varias torres, que se distribúen en liñas defensivas concéntricas:

  • a liña interior, reforzada por dúas torres, dominadas pola Torre de Menagem, de planta cadrada, á que se lle engade;
  • a liña intermedia, coroada por ameas e reforzada por torres mazidas;
  • a linha exterior, constituída pola barbacana, de onde parte a cerca que envolve o monte e a vila. A adaptación desa defensa a finais do século XVII, converteu o castelo no baluarte da cidadela da fortaleza abaluartada, con bombardeiras nas torres, o que permitía o tiro rasante.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Marvão

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]