Serafín Zubiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serafín Zubiri
Serafín Zubiri 04.jpg
Nome completo Serafín Lizoain Vidondo
Naceu 20 de abril de 1964 (50 anos)
Orixe Zubiri, Navarra, España España
Ocupación (s) Cantante, pianista e compositor
Xénero Pop
Instrumento(s) Voz, piano
Tempo en activo 1987 - actualidade
Web www.serafinzubiri.com

Serafín Lizoain Vidondo, coñecido artísticamente como Serafín Zubiri, nado en Zubiri (Navarra) o 20 de abril de 1964, é un cantante, pianista e compositor invidente español. Representou a España en dúas ocasións no Festival de Eurovisión e participou en diversos concursos de baile televisivos, ademais doutras fazañas que o levaron á fama.

Biografía[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira musical de forma individual en 1987, cando abandonou o grupo Equus do cal era vocalista e pianista desde que tiña dezasete anos. Durante os primeiros anos, compaxinou a súa carreira de músico, coa composición publicitaria e a dirección dun coro amateur. Desde entón gravou seis discos.

Do seu disco Pedaleando saíu a canción da Volta Ciclista a España de 1988.

Intentou representar a España no Festival de Eurovisión de 1991 coa canción "Polvo de estrelas" e en 1992 gravou a banda sonora da película A bela e a besta de Disney, co que conseguiu un importante éxito no seu país natal.

Ese mesmo ano, acode á cidade sueca de Malmö para representar a TVE no Festival de Eurovisión coa balada "Todo esto es la música", quedando no posto número 14 entre os 23 participantes que concursaron.

Facendo un oco na súa carreira musical, escala o Pico Aconcagua e Mont Blanc.

No ano 2000 gaña Eurocanción, un concurso organizado por TVE, co que Serafín volve representar a España en Eurovisión, converténdose no terceiro intérprete español que repite no festival tras Conchita Bautista e Raphael. Nesta ocasión, desde a cidade de Estocolmo coa canción "Colgado de un sueño" de Chema Purón que algúns consideraron como un resumo da súa carreira.

Colaborou en radio e presentou o programa para minusválidos Sin límites na televisión local de Pamplona.

Máis tarde, protagonizou o musical La Magia de Broadway xunto a Marta Sánchez estreado no Teatro Lara de Madrid en outubro do ano 2000.

En 2005 foi nomeado vicepresidente da Federación Internacional de Deportes para Cegos.

En 2006, participou no show de TVE Empieza el espectáculo e un ano máis tarde concursa no programa ¡Mira quién baila! deste mesmo canle, onde quedou co segundo lugar a uns poucos votos da gañadora, Nani Gaitán.

Ademais, durante o 2008 participou en Bailando por un sueño, segmento do programa de televisión arxentino Showmatch conducido por Marcelo Tinelli. Foi eliminado na gala 17 por Marcelo de Bellis.

En xullo de 2009 completou a peregrinación desde Navarra ata Santiago de Compostela en bicicleta utilizando un kapten.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 1987: Inténtalo
  • 1988: Pedaleando
  • 1991: Detrás del viento
  • 1992: Te veo con el corazón
  • 1995: Un hombre nuevo
  • 2000: Colgado de un sueño
  • 2008: Colgado de un sueño (reedición para a República Arxentina)
  • 2010: Sigo aquí

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
No quiero escuchar
Lydia
EuroEspaña.svg
España no Festival de Eurovisión

2000
Sucesor:
Dile que la quiero
David Civera
Predecesor:
Bailar pegados
Sergio Dalma
EuroEspaña.svg
España no Festival de Eurovisión

1992
Sucesor:
Hombres
Eva Santamaría