Segundo Pardo-Ciorraga Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSegundo Pardo-Ciorraga Santos
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1940 Editar o valor em Wikidata
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de agosto de 2018 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata

Segundo Carlos Pardo-Ciorraga Santos, nado na Estrada o 13 de xuño de 1940 e finado na Coruña 5 de agosto do 2018, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde os tres anos viviu en Palas de Rei onde o seu pai, Carlos Pardo Ciorraga, que participara na creación do Partido Galeguista, foi desterrado. Estudou o bacharelato en Lugo e A Coruña e trasladouse a Barcelona en 1958 onde obtivo o título de Técnico en Organización e Administración Empresarial e fixo estudos de procurador nos tribunales e técnico en seguros privados e administración de terreos. En Barcelona formou parte do Movemento Socialista Universitario de Cataluña. Regresou a Galicia en 1965 e incorporouse ao Partido Socialista Galego (PSG). Creou unha Asesoría Xurídico-Fiscal e traballou como procurador en Carballo e foi o encargado da implantación do partido nas comarcas de Bergantiños, Muros e Noia. En 1975 formou parte da Xunta Democrática de Bergantiños, que foi a que organizou a primiera gran manifestación en Ponteceso contra a planta de celulosa. Desempeñou cargos directivos no PSG ata decembro de 1977 cando participou na fundación do Colectivo Socialista Galego que abogou pola unificación co PSOE que se logrou en maio de 1978 coa creación do PSdeG-PSOE. Foi elixido concelleiro da Coruña nas primeiras eleccións democráticas, exercendo como responsable de Urbanismo, e de 1983 a 1991 como tenente de alcalde responsable de Obras Públicas e Patrimonio con Francisco Vázquez como alcalde. Desempeñou cargos directivos nas executivas locais, provinciais e rexionais do PSdeG-PSOE. En 1989 diagnosticáronlle unha grave enfermidade que o apartó da política activa. En 1996 participou na fundación e foi presidente da Asociación de Enfermos e Trasplantados Hepáticos de Galicia (ATHEGA) e do Club Asociación Deportiva de Trasplantados de Galicia (CADET) e dende 2001 participou no movemento de apoio á declaración da Torre de Hércules como Patrimonio Mundial da Humanidade da Unesco, presidindo posteriormente o Instituto de Estudos Torre de Hércules. Finou na Coruña o 5 de agosto de 2018.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Asunción Montero Carré e foi pai de Nuria, Noelia e Carolina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 6-8-2018, p. 31.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]