Sara Tavares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSara Tavares

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Sara Alexandra Lima Tavares Editar o valor em Wikidata
1 de febreiro de 1978 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Hospital da Luz Lisboa, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tumor cerebral Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantautora , percusionista , guitarrista , pianista , cantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor em Wikidata - 2023 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Participou en
1994Festival Eurovisão da Canção 1994 (pt) Traducir
1964Festival RTP da Canção Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1489964 Facebook: SaraTavaresOficial Spotify: 57zZoaRDFEjqRwq6FlT0va iTunes: 18720153 Last fm: Sara+Tavares Musicbrainz: ac35b735-3449-423a-a73d-1e5320e8112d Songkick: 376847 Discogs: 522672 Allmusic: mn0000527429 Deezer: 146607 Genius: Sara-tavares Editar o valor em Wikidata

Sara Tavares, nada en Lisboa o 1 de febreiro de 1978 e finada o 19 de novembro de 2023 na mesma cidade, foi unha cantante e compositora portuguesa con ascendencia caboverdiana. A música que fixo foi definida como world music.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tavares gañou a final da 1ª edición (1993/1994) do concurso Chuva de Estrelas do canal televisivo SIC, onde interpretou un tema de Whitney Houston. Foi invitada por Rosa Lobato de Faria para participar no Festival RTP da Canção de 1994 coa canción "Chamar a Música". A canción recibiu a pontuación máxima de tódolos xurados, gañando así un lugar no Festival Eurovisão da Canção de 1994, onde alcanzou a 8ª posición.

En 1996 editou o seu primeiro disco que contou coa colaboración do coro Shout, alén de gravar a música "Longe do Mundo" (unha adaptación de "God Help The Outcasts, de Heidi Mollenhauer), para o filme da Disney The Hunchback of Notre Dame, que viría merecer unha mención honrosa da Disney como a mellor versión, sen contar coa inglesa, da canción.

Na Expo'98, Sara Tavares participou no espectáculo de homenaxe a Gershwin, ao lado da Rias Big Band Berlin. Colaborou, entre tanto, no grande succeso da banda Ala dos Namorados, "Solta-se o Beijo". En 1999 editou o álbum "Mi Ma Bô", un disco máis maduro e con máis ligazón as súas raíces.

O álbum "Balancê", editado pola World Connection, en novembro de 2005, foi considerado un dos mellores álbums do ano por parte da crítica, tendo alcanzado o disco de ouro.

Coa canción "Bom Feeling", do álbum "Balancê", Sara Tavares foi a imaxe publicitaria do Millenium BCP. A través da campaña, nun investimento de 3 millóns de euros, 40 mil CDs da cantante foron distribuídos aos clientes do banco.[1]

En 2008 é lanzado o DVD "Alive in Lisboa". No ano de 2009 regresa aos orixinais co álbum "Xinti".

Discografía[editar | editar a fonte]

Singles[editar | editar a fonte]

  • Chamar a Música (Single, BMG, 1993)
  • Pirilampo (Single, 1997) - Cos Shout!
  • Fix Me Jesus/Oh Happy Day (Single, BMG, 1996) - Cos Shout!
  • Nha Cretcheu (Meu Amor) (Single, BMG, 1999)
  • Eu Sei (Single, BMG, 1999)
  • Balancê (Single, World Connection, 2007)
  • Bom Feeling (Single, World Connection, 2007)
  • Ponto de Luz (Single, World Connection, 2009)

Compilacións[editar | editar a fonte]

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]