Sangiran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sitio dos primeiros homes de Sangiran
Réplica de fósiles de Sangiran ("Sangiran 17")
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Indonesia
Localización7°27′S 110°50′L / -7.450, -110.833
TipoCultural
CriteriosIII, VI
Inscrición1996 (20º sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador593

Sangiran é unha escavación arqueolóxica na illa de Xava, Indonesia. A área cobre 48 km² e localízase no centro da illa, a 15 quilómetros de Surakarta. Lugar Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 1996.
En 1934 o antropólogo Gustav Heinrich Ralph von Koenigswald comezou a examinar a área, e durante as escavacións realizadas entre 1936 e 1941 apareceron fósiles dun dos primeiros antecesores coñecidos da humanidade, o Pithecanthropus erectus(Homo erectus) (Home de Xava). Ata o de agora apareceron outros 60 fósiles, entre eles algúns de Meganthropus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]