Samuel Hopkins Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSamuel Hopkins Adams

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1871 Editar o valor em Wikidata
Dunkirk (Nova Iorque), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de novembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Beaufort, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHamilton College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , novelista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela e conto Editar o valor em Wikidata
LinguaInglés estadounidense Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJane Peyton

IMDB: nm0011343 IBDB: 8593
Find a Grave: 22103983 Editar o valor em Wikidata

Samuel Hopkins Adams, nado en Dunkirk (Nova York) o 26 de xaneiro de 1871 e finado en Beaufort (California) o 15 de novembro de 1958, foi un escritor e xornalista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1891 e 1900 foi reporteiro do New York Sun. En 1900 entrou no McClure's Magazine, onde gañou grande reputación cos seus artigos sobre a situación da saúde pública norteamericana. En 1905 escribiu unha serie de 11 artigos para o Collier's Weekly co título de The Great American Fraud (A gran fraude americana), onde analizou os compoñentes dalgunhas das medicinas máis populares do país, descubrindo que moitas das compañías farmacéuticas falseaban as propiedades de moitos dos seus produtos, mesmo ata ao punto de ser prexudiciais nalgúns casos. A serie tivo un grande impacto na opinión pública e permitiu a aprobación da lei coñecida como Pure Food an Drug Act en 1906 (aínda que en 1911 se derrogase parcialmente).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Revelry, 1926 a súa novela máis coñecida, baseada nos escándalos do goberno de Harding.
  • The Flagrant Years, 1929
  • Incredible Era, 1939, biografía de Harding
  • It Happened One Night, 1933
  • The Harvey Girls, 1942
  • Grandfather Stories, 1955
  • Tenderloin, 1959