Adonías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Adonías é un personaxe bíblico, o cuarto fillo de David.
Despois da morte dos seus irmáns máis vellos, Amnón e Abxalom debería ser o herdeiro ao trono, pero vai ser Salomón, irmán máis novo, o preferido. Adonías, malia iso, aproveitando a febleza co que seu pai chega á vellez proclámase herdeiro.
Natán e Batxheba inducen a David a ordenar que Salomón sexa proclamado e poida así acceder ao trono. Adonías refúxiase no altar do templo, perdoado por Salomón coa condición que o recoñeza. Posteriormente fixo un segundo intento de acceder ao trono, pero foi coutado e morto.

Bibliografía[editar | editar a fonte]