Roboam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Roboam era un fillo do rei Salomón e herdeiro do trono.

No canto de reinar sobre todo o reino, tívose que conformar con reinar sobre a parte sur, Xudá. Así, a nación xudía dividiríase en dous (Xudá no sur e Israel no norte) e debilitaríase fronte os poderes dominantes da época (século VIII a. de C.), Asiria e Exipto.

O seu reino seguía a ter en Xerusalén a súa capital, e a dinastía seguiu reinando sen alteracións e contemplando a lei. No 586 a. de C., Nabucodonosor, rei de Babilonia conquista Xudá, destrúe o Templo e deporta ó pobo a Babilonia.