S/2011 (134340) 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
S/2011 (134340) 1
(P4)
Pluto P4.jpg
Imaxes que amosan a S/2011 P 1.
Descubrimento
Descuberto o 28-06-2011
(verificado o 20-07-2011)
Características orbitais
Radio orbital medio (59 ± 2) x 103 km[1]
Excentricidade ≈ 0[1]
Período orbital 32,1 ± 0,3 días[1]
Satélite de Plutón
Características físicas
Magnitude aparente 26,1 ± 0,3[1]

S/2011 (134340) 1 (tamén coñecido coma S/2011 P 1 ou P4) é un pequeno satélite natural de Plutón (134340 é o número asignado a Plutón no Minor Planet Center despois da súa degradación ó status de planeta anano). Foi descuberto o 28 de xuño do 2011 polo programa Pluto Companion Search Team (programa para a procura de compañeiros de Plutón) do Hubble Space Telescope, durante unha tentativa por descubrir algún anel planetario que puidese posuír Plutón.[2] Observación posteriores feitas o 3 e o 18 de xullo do 2011 deron lugar á súa verificación coma unha nova lúa de Plutón.[1][3] Foi recuperado en imaxes arquivadas do Hubble feitas o 15 de febreiro e o 25 de xuño do ano 2010.[1] P4 posúe un brillo que é só o 10 % do brillo de Nix, e foi atopado por que o equipo responsable do descubrimento tomou imaxes cunha exposición de 8 minutos; as observacións anteriores fixéranse con tempos de exposición máis curtos.[4]

Imaxe do descubrimento de S/2012 (134340) 1 (P5) tomada polo Hubble, tamén podemos ve-lo resto das lúas de Plutón coas súas órbitas marcadas (excepto Caronte). Na imaxe, tanto a Plutón coma Caronte, foille reducido moito o seu brillo, para así poder aprecia-lo resto das lúas do sistema.

Índice

Características[editar]

Cun diámetro estimado de entre 13 e 34 km, P4 é a lúa máis pequena de Plutón[5][6] e as as actuais observacións suxiren unha órbita circular e ecuatorial cun radio orbital de aproximadamente 59.000 km.[1][4] A lúa órbita ente Nix e Hydra e tarda 32,1 días en facer unha órbita completa ó redor de Plutón.[1][4] Este período está moi próximo a ser unha resonancia orbital de 1:5 con Caronte, cunha discrepancia temporal (aparentemente) de menos dun 0,6%. Determinar se se trata dunha resonancia real, vai requirir de estudos moito máis detallados sobre a súa órbita, e en particular mellora-la taxa de precisión dos datos obtidos.

Coma no caso dos outros satélites de Plutón,[7] sospeitase que P4 podería se-lo resultado da fusión dos cascallos dunha gran colisión entre Plutón e outro obxecto do cinto de Kuiper, semellante ó impacto da teoría do Big Splash, na cal se tería formado a nosa Lúa.[2]

Notas[editar]

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]