São Miguel das Missões

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

São Miguel das Missões é un concello brasileiro do estado de Rio Grande do Sul. No ano 2003 tiña uns 7.263 habitantes. Ocupa unha superficie de 1.229,8 km².

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na cidade se atopan as ruínas xesuíticas de "San Miguel arcanxo" (Sãou Miguel Arcanjo), declaradas dende 1983 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É unha das varias misións que existen en territorio brasileiro, arxentino e paraguaio, fundadas polos xesuítas durante o século XVIII como parte dun plano que tiña o obxectivo de converter aos indios guaranís ao cristianismo e protexelos dos comerciantes de escravos que azoutaban a rexión[Cómpre referencia].

A redución foi construída entre os anos 1735 e 1745, pero malia aos esforzos dos xesuítas, o comercio de escravos por parte dos imperios español e portugués remataron conquistando a misión. As actuais ruínas atópanse protexidas pola UNESCO. Pódese visitar a antiga igrexa, a cruz misioneira, o museo das misións, a sancristía, o cemiterio, a praza da redución e ofrécese un espectáculo de luz e son tódalas noites.

A catedral da veciña cidade de Santo Ângelo foi construída despois da redución.

As ruínas foron escenario en 1986 para gravar parte da película A misión, protagonizada por Robert De Niro e Jeremy Irons.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: São Miguel das Missões