Ruth Pfau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Ruth Pfau (1929) é unha monxa alemá, membro da Sociedade de Irmás do Corazón de María que dedica a súa vida aos leprosos en Paquistán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ruth Pfau naceu en Leipzig, Alemaña en 1929. Ruth Pfau é unha activista a favor dos dereitos humanos paquistaní nacida en Alemaña. Logo da Segunda Guerra Mundial, cando os rusos ocuparon o leste de Alemaña escapou a Alemaña Occidental coa súa familia e elixiu farmacia como a súa futura carreira. Estudou farmacia en 1949 en Maguncia. Non esta satisfeita coa súa vida e quería facer algo con ela. En 1962 dirixíase a India logo de unirse a unha orde relixiosa pero debido a problemas de visado quedou en Paquistán. Foi a Karachi, onde visitou unha colonia de leprosos chamada McLeod Rd, situada detrás da estación de ferrocarril. Alí decidiu que a súa vida estaría dedicada ao coidado dos seus pacientes.

Está recoñecida en Paquistán e no estranxeiro e foi galardoada con numerosos premios e medallas.