Ramón Rubido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rubido»)
Ramón Rubido
Información persoal
Nacemento valor descoñecido
Lugar de nacemento O Carballiño
Falecemento 11 de decembro de 1981
editar datos en Wikidata ]

Ramón Rubido Diéguez, nado no Carballiño e finado o 11 de decembro de 1981, foi un futbolista galego de comezos do século XX que xogaba na demarcación de gardameta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rubido xa xogaba no Real Vigo Sporting Club antes da fusión deste para dar lugar ao Celta de Vigo en agosto de 1923, pasando a formar parte do equipo deste. No equipo celeste compatiría a meta cos porteiros Isidro e Lilo. Pese ao ben cuberta que estaba a portería do Celta, ao pouco do nacemento o porteiro titular, Isidro, xunto a outros tres xogadores sería primado polo Deportivo da Coruña para fichar polo equipo herculino contra as normas do momento.

A serie de reclamacións interpostas polo Celta ante a Federación Española e Galega finalmente resolvéronse coa inhabilitación do Deportivo para a competición oficial durante un ano por aliñación indebida e convidábase aos xogadores a recapacitar. Porén só Isidro volvería a disputar algún encontro co Celta antes de fichar definitivamente polo Deportivo ao cabo dun ano.

O 9 de novembro de 1924 disputouse o primeiro derbi oficial entre o Deportivo e o Celta, encontro cunha previa conflitiva ao ter recente a polémica da fuga de xogadores e estar no once inicial tres deles: Chiarroni, Otero e Ramón González. A portería céltica sería defendida polo terceiro porteiro, o propio Rubido. O resultado final foi de 3-0 a favor do Deportivo.

Finalmente deixou o equipo ao rematar a tempada 1924/25 coa chegada doutro porteiro, Emilio Ruíz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]