Rodolfo Valentino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodolfo Valentino

Rodolfo Pietro Guglielmi, coñecido como Rodolfo Valentino, nado en Castellaneta o 6 de maio de 1895 e finado en Nova York o 23 de agosto de 1926, foi un actor estadounidense de orixe italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sería unha estrela cinematográficada década dos 20, despois de emigrar aos Estados Unidos en 1913 en busca de fortuna. Os seus primeiros traballos nada tiveron que ver coa fama, nin sequera co espectáculo, pois empezou gañandose a vida traballando coma fregapratos e xardineiro (estudara agronomía en Italia). Posteriormente, entrou no mundo do espectáculo coma bailarín de vodevil.

En 1918 Valentino trasladouse a Hollywood, onde comezou a aparecer na pantalla interpretando papeis secundarios. A súa gran oportunidade chegoulle en 1921, ano en que interpretou o papel de Xulio en Os catro xinetes da Apocalipse (The Four Horsemen of the Apocalypse). O éxito da película levouno, ese mesmo ano, a rodar A dama das camelias (Camille), obra que confirmaría o seu fulgurante salto ao estrelato. Da man dos máis habilidosos representantes, pronto levantou as paixóns de millóns de admiradoras e convertiuse na figura romántica masculina por antonomasia. A súa figura enxuta e apaixoada destilaba todas as esencias propias do "latin lover". O exotismo dos seus personaxes non tardou en contaxiarse á súa vida personal e as súas aparicións públicas estiveron pronto imbuídas dun aparatoso misticismo orquestrado polos estudos e fomentado por el mesmo.

Entre as películas de Valentino, na súa maioría dramas románticos, destacan O caíd (The Sheik, 1921), Sangue e area (Blood and Sand, 1922), A aguia negra (The Eagle, 1925), e O fillo do caíd (The son of the Sheik, 1926). O seu inesperado falecemento, tras a perforación dunha úlcera diagnosticada demasiado tarde, produciuse cando só contaba trinta e un anos de idade e se encontraba no cumio da súa fama. A noticia da súa morte conmocionou ao público de todo o mundo, e provocou numerosas manifestacións públicas e non poucos intentos de suicidio entre as súas admiradoras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Rodolfo Valentino