Reino de Uadai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uadai (Wadai) e outros estados nun mapa do XIX

O Reino de Uadai (1635-1912) foi orixinariamente un estado non musulmán, localizado no Leste do lago Chad, correspondendo ao actual Chad. Apareceu no século XVII como un apéndice do estado de Darfur (territorio hoxe en Sudán), no Noreste do reino de Baguirmi.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1635, a tribo Maba e outros pobos da rexión uníronse baixo o estandarte islámico de Abd Al-Karim, que dirixía unha invasión desde o leste e expulsaría o liderado do grupo Tunjur. Abd Al-Karim tornouse no primeiro Kolak ou ''Sultán'' dunha dinastía que perdurou até a chegada dos franceses. Durante boa parte do século XVIII, Uadai resistiu a reincorporación en Darfur.

Arredor de 1800, no reinado de Sabun, o sultanato de Uadai comezou a expandir o seu poder, aproveitando a súa estratéxica posición sobre as rutas de comercio transaharianas. Fora aberta unha nova ruta setentrional --vía Ennedi, Al Kufrah, e Bengasi--, para a que Sabun organizou caravanas reais para aproveitala. Comezou a cuñar moeda propia, ao tempo que importaba mallas de cadea e armas de fogo desde a África Setentrional, e atraía conselleiros externos. Os sucesores de Sabun non mostraron a mesma capacidade que el, de xeito que Darfur tomou vantaxe na desputa sucesoria aberta en 1838, até impor os seu candidato ao poder en Wara, capital de Uadai. Porén esta táctica fracasou, cando o seu home, Muhammad Xarif, rexeitou a mediación de Darfur, afirmando a súa propia autoridade. Esta política atraéulle o apoio das diversas faccións de Uadai, e converteuno no máis capaz dos gobernantes do país.

Xarif dirixiu campañas militares cara o afastado Oeste, alcanzando o reino de Bornu e, de modo ocasional, estabeleceu a hexemonía de Uadai sobre Baguirmi e outros estados distantes das beiras do río Chari. Na Meca, Xarif fundou a Senussi, unha irmandade islámica, que atinxíu extraordinaria forza entre os habitantes da Cirenaica (hoxe Libia), converténdose nunha corrente política dominante da que xurdiu a resistencia fronte a colonización francesa. O militarizado estado de Uadai opúxose tenazmente ao dominio francés até 1912. O territorio pasou a formar parte da República do Chad, cando esta accedeu á independencia en 1960.

A capital da actual rexión de Uadai, no moderno Chad, é Abéché.

Lista de sultáns de Uadai[editar | editar a fonte]

  • 1635-1681 Abd Al-Karim
  • 1681-1707 Yakob Arous
  • 1707-1747 Kharut as-Sarhir
  • 1747-1795 Muhammad Jawda
  • 1795-1803 Muhammad Salih Derret ibn Jawda
  • 1803-1813 `Abd al-Karim Sabun ibn Salih Derret
  • 1813 Muhammad Busata ibn `Abd al-Karim
  • 1813-1829 Yusuf Kharifayn ibn `Abd al-Qadir
  • 1829 Raqib ibn Yusuf `Abd al-Qadir
  • 1829-1835 Muhammad `Abd al-`Aziz Dhawiyi ibn Radama
  • 1835 Adham ibn Muhammad `Abd al-`Aziz
  • 1835-1858 `Izz ad-Din Muhammad al-Xarif ibn Salih Derret
  • 1858-1874 `Ali ibn Muhammad
  • 1874-1898 Yusuf ibn `Ali
  • 1898-1900 Ibrahim ibn `Ali
  • 1900-1901 Ahmad Abu al-Ghazali ibn `Ali
  • 1902-1909 Muhammad Daud Murra ibn Yusuf
  • 1909-1912 `Asil
  • 1935-1945 Muhammad Urada ibn Ibrahim
  • 1945-1960 `Ali Silek ibn Muhammad Daud Murra (1ª vez)
  • 1970-1977 `Ali Silek ibn Muhammad Daud Murra (2ª vez)
  • 1977- Ibrahim ibn Muhammad Urada