Reino de Dyfed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Dyfed
Dyfed (cy) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 51°54′N 4°42′O / 51.9, -4.7Coordenadas: 51°54′N 4°42′O / 51.9, -4.7
Poboación
Lingua oficiallingua galesa Editar o valor em Wikidata
Relixióncristianismo Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creacióndécada de 410 Editar o valor em Wikidata
Disolución920 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Sucedido porDeheubarth Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor em Wikidata

Reinos galeses 400-800
(O mapa orixinal apud William Rees 1959
reprodución en 'Hanes Cymru' de John Davies )
Os sete cantrefi de Dyfed

O Reino de Dyfed foi un reino situado no suroeste de Gales e cuxa época está comprendida entre a Britania posromana e a Alta Idade Media.

Dyfed, ou na súa forma en latín Demetia, foi un dos antigos reinos que poboaban Gales antes da Conquista Normanda. Xurdiu como sucesión da antiga civitas romana da tribo dos Demetae. Crese que, orixinalmente, ocupou a área delimitada polos ríos Teifi, Gwili e Tywi, aínda que puido estenderse se cadra até a fronteira con Brycheiniog. Equivalía a, aproximadamente, 2.284 quilómetros cadrados. Esta zona incluía Pembrokeshire e a parte occidental de Carmarthenshire, incluíndo a poboación de Carmarthen. Consistía en polo menos sete cantrefi (tipo de división da terra en Gales): Cemais, Deugleddyf, Emlyn, Cantref Gwarthaf, Pebidiog, Penfro e Rhos. Durante a chamada "Era dos Santos", Dyfed puido ter até sete bispos, un por cada cantref.[1] Posteriormente, o reino estendeuse até cubrir Ystrad Tywi, incluíndo Cydweli e Gwyr. Esta área foi conquistada por Ceredigion a finais do século VII, para formar o reino de Seisyllwg.

No século X, Hywel Dda uniu Dyfed e o contiguo reino de Seisyllwg baixo o seu dominio. O novo reino coñeceuse como Deheubarth e abarcaba aproximadamente a área do moderno condado de Dyfed.

Lista dos reis de Dyfed[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Williams, A. H., An Introduction to the History of Wales: Volume I: Prehistoric Times to 1063 , UoWP, 1941, p. 120