Deheubarth
Deheubarth foi un reino ou principado do sudoeste de Gales medieval.[1]
Índice |
[editar] Historia
Deheubarth creouse sobre 950 por Hywel Dda (“Hywel o Bo”) nos territorios de Seisyllwg e Dyfed, ambos convertidos na súa posesión. O asentamento do xefe dos rexedores de Deheubarth atopábase en Dinefwr.
Deheubarth, como outros moitos reinos galeses, continuou existindo ata a conquista normanda de Gales, pero as constantes loitas deron lugar a que só durante parte do tempo fose unha entidade separada cun rexedor independente. O rei Llywelyn ap Seisyll de Gwynedd anexouna en 1018 e tamén o rei Rhydderch ab Iestyn de Morgannwg en 1023. O fillo de Llywelyn ap Sisyll, Gruffydd ap Llywelyn de novo anexou Deheubarth e converteuse no rexedor da maioría de Gales, pero despois da súa morte, a antiga dinastía Dinefwr recuperou o poder.
[editar] Reis de Deheubarth
- Rhodri ap Hywel (950 – 953).
- Edwin ap Hywel (950 – 954).
- Owain ap Hywel (950 – 987).
- Maredudd ab Owain (987 – 999).
- Cynan ap Hywel (rei de Gwynedd) (999 – 1005).
- Edwin ab Einion (1005 – 1018).
- Cadell ab Einion (1005 – 1018).
- Llywelyn ap Seisyll (e rei de Gwynedd) (1018 – 1023).
- Rhydderch ab Iestyn (Príncipe de Gwent) (1023 – 1033).
- Hywel ab Edwin (1033 – 1044).
- Gruffydd ap Llywelyn (Rei da meirande parte de Gales) (1044 – 1047)
- Gruffydd ab Rhydderch (1047 – 1055).
- Gruffydd ap Llywelyn (rei da meirande parte de Gales) (1055 – 1063).
- Maredudd ab Owain (1063 – 1072).
- Rhys ab Owain (1072 – 1078).
- Rhys ap Tewdwr (1078 – 1093).
[editar] Príncipes de Deheubarth
En 1093 empezou a conquista de Deheubarth polos anglonormandos.
- Gruffudd ap Rhys (1135 – 1137) (rei na meirande parte do que non fora conquistado polos normandos).
- Anarawd ap Gruffudd (1137 – 1143).
- Cadell ap Gruffudd (1143 – 1153).
- Maredudd ap Gruffydd (1153 – 1155).
- Rhys ap Gruffydd (1155 – 1197).
- Gruffydd ap Rhys (1197 – 1201).
- Maelgwyn ap Rhys (1199 – 1230)
- Rhys Gryg (1216 – 1234)
Despois de 1234 os príncipes de Deheubarth só gobernaban sobre o Cantref Mawr e alí o seu poder comezou a minguar.
- Rhys Mechyll (1234 – 1244).
- Maredudd (1244 – 1271) (Maredudd ap Rhys ?).
- Rhys ap Maredudd (1271 – 1283).
[editar] Véxase tamén
[editar] Notas
- ↑ Mike Ashley (2009) The Early Welsh Kingdoms Deheubarth (inglés).
| Reinos medievais galeses | |
|---|---|
| Brycheiniog | Ceredigion | Deheubarth | Dogfeiling | Dyfed | Erging | Glywysing | Gwent | Gwynedd | Gŵyr | Morgannwg | Powys | Rhos | Seisyllwg | |