Ramana Maharshi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramana Maharshi.

Ramana Maharshi, nado como Venkataraman Iyer o 30 de decembro de 1879 e finado o 14 de abril de 1950, foi un dos mestres indios máis coñecidos e respectados do século XX.

Nado no seu dunha familia Brahmin de Tamil Nadu, abandonou o fogar no que vivía co seu tío pouco despois de experimentar o que máis tarde describiría coma "a liberación" (Moksa), cando contaba dezaseis anos. Foi en tren ata Tiruvannamalai, a render culto á montaña sagrada que preside a vila, Arunachala, e que sempre considerou coma o seu mestre (Guru), e nunca máis abandonou o lugar ata a súa morte, á idade de setenta anos.

Ensinanzas[editar | editar a fonte]

Silencio[editar | editar a fonte]

Ramana sempre mantivo que a forma máis pura da súa ensinanza era transmitida en silencio[1], porén respondía de cote ás preguntas que os diferentes visitantes lle facían referentes á natureza da realidade última.

Este método de ensinanza ten sido comparado co de Dakshinamurti: Shiva baixo a aparencia dun ascético que ensina a través do silencio.

Autoindagación[editar | editar a fonte]

A autoindagación (self-enquiry) consiste na atención e reflexión constante no “eu” ou “eu son”.

Ramana advertía sobre o erro consistente en practicar a autoindagación como exercicio intelectual. Cando é levada á práctica de xeito correcto, a autoindagación leva a fixar a atención intensamente na sensación “eu”, sen pensar. A atención debe manterse fixa no “eu” ata que o “eu” desapareza e o Brahman sexa realizado.

Ramana Maharshi: “Onde aparece o “eu”? Busca dentro de ti, entón o “eu” desaparece. Isto é o que procura a sabedoría”.[2]

Bhakti[editar | editar a fonte]

Mantiña o Maharshi que o xeito máis efectivo de acadar a liberación (Moksa) era a autoindagación, mais non descartaba outros métodos de aproximación ao Ser (Brahman), coma o Karma Ioga ou o Bhakti Ioga[3]: a total entrega ao Guru.

Obra[editar | editar a fonte]

  • The Spiritual Teaching of Ramana Maharshi (ISBN 1-59030-139-0)
  • Be as You Are: The Teachings of Sri Ramana Maharshi, por David Godman (ISBN 0-14-019062-7)
  • Guru Vachaka Kovai (O colar das ensinanzas do Guru) por Sri Muruganar (ISBN 0-97113-718-8)[4]
  • The Collected Works Of Sri Ramana Maharshi. Contén composicións de Sri Ramana, e un amplo número de traducións e adaptacións de traballos clásicos do advaita realizadas por el mesmo(ISBN 81-88018-06-6)
  • The Path of Sri Ramana, Part One e The Path of Sri Ramana, Part Two, por Sri Sadhu Om (ASIN B000KMKFX0)[5]
  • Happiness and the Art of Being: A Layman's Introduction to the Philosophy and Practice of the Spiritual Teachings of Bhagavan Sri Ramana (ISBN 1-4251-2465-8)[6]
  • The Essential Teachings of Ramana Maharshi: A Visual Journey (ISBN 1-878019-18-X)
  • Talks with Sri Ramana Maharshi, por Munagal Venkataramiah. Abrangue o período comprendido entre 1935 e 1939 (ISBN 8-18801-807-4)[7]
  • Reflections: On Talks with Sri Ramana Maharshi, por S.S. Cohen (ISBN 8-18801-838-4)[8]
  • Padamalai: Teachings of Ramana Maharshi, recollido por Sri Muruganar e editado por David Godman (ISBN 0971137137)
  • Sri Ramana Gita (The Teachings of Bhagavan Sri Ramana Maharshi), traducido por Sri Sankaranarayanan (ISBN 81-88018-17-1)
  • The Teachings of Ramana Maharshi in His Own Words, por Arthur Osborne (ISBN 81-88018-15-5)
  • Day by Day with Bhagavan por A. Devaraja Mudaliar. Reconto de conversas entre o 1945 e o 1947 (ISBN 81-88018-82-1).
  • Gems from Bhagavan, por A. Devaraja Mudaliar (ISBN 8188018058)
  • Maha Yoga, by 'WHO' (Lakshmana Sharma), (2002; ISBN 81-88018-20-1)[9]
  • Ramana Puranam, composto por Sri Ramana Maharshi e Sri Muruganar (ISBN 8162890599)
  • Origin of Spiritual Instruction, por Bhagavan Sri Ramana Maharshi (ISBN 978-0970366733)
  • Who Am I?: The Teachings of Bhagavan Sri Ramana Maharshi, por Ramana Maharshi, introdución de T.M.P. Mahadevan (ISBN 818801804X)
  • Ulladu narpadu = Forty Verses On Reality, por Ramana Maharshi, tradución e comentarios de S.S. Cohen (ISBN 0722401612)

Documentais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]