Rally da Coruña de 2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally da Coruña de 2020
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónAranga
Cerceda
Culleredo
Arteixo
OrganizadorEscudería One Seven
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos9
Distancia tramos89,28 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Víctor Senra
Equipo campiónYacar Racing
Participantes
Pilotos113
AnteriorRally da Coruña de 2019
SeguinteRally da Coruña de 2021
Sitio webhttp://www.rallyeacoruna.com/

O Rally da Coruña de 2020 foi a 24ª edición de dito rally e a primeira proba da tempada 2020 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 28 e o 29 de febreiro e o vencedor foi Víctor Senra.

Inscritos[editar | editar a fonte]

Inscribíronse 113 pilotos, coa ausencia máis destacada do vencedor do ano anterior, Iván Ares, que non recibiu a tempo o seu novo Hyundai i20 R5.[1] Con todo, si estiveron presentes os primeiros clasificados da tempada anterior do Campionato de Galicia de Rally: Víctor Senra, estreando un Škoda Fabia R5, Alberto Meira co seu Citroën DS3 R5 e Iago Caamaño, estreando tamén coche no campionato, un Ford Fiesta R5 MKII.[1] Ademais destacaban as presenzas do campión galego Luis Vilariño, do tricampión de Asturias Óscar Palacio, de Manuel Fernández ou de Tino Iglesias.[2]

Itinerario[editar | editar a fonte]

O parque pechado situouse o venres 28 na praza de María Pita, na Coruña, mentres que os treitos cronometrados foron tres, con tres pasadas a cada un deles, e disputados nos concellos de Aranga, Cerceda, Culleredo e Arteixo,[3] sumando un total de 89,28 km cronometrados.[4]

O primeiro deles, o de Aranga, foi un treito de 11,26 km, con saída no lugar de Vilourís e chegada en Maques, pasando por Ponte Aranga, sobre o río Mandeo, o punto máis recoñecible e icónico do rally.[5][6] O segundo, Cerceda, discorreu entre Morzós e Esperón, bordeando parcialmente o lago das Encrobas, e sumando 10,4 km. Por último, o derradeiro treito partiu de Cabana, no concello de Culleredo e percorreu 8,1 km até o lugar de Freán, no concello de Arteixo.[4]

TC Nome Distancia Hora Gañador Tempo Líder
TC1 Aranga 11,26 km 8:28 Galicia Víctor Senra 7:37.208 Galicia Víctor Senra
TC2 Cerceda 10,40 km 10:02 Galicia Víctor Senra 6:40.719
TC3 Culleredo-Arteixo 8,10 km 10:55 Galicia Víctor Senra 4:44.154
TC4 Aranga 11,26 km 13:08 Galicia Iago Caamaño 7:43.996
TC5 Cerceda 10,40 km 15:12 Galicia Iago Caamaño 6:44.302
TC6 Culleredo-Arteixo 8,10 km 16:02 Asturias Óscar Palacio 4:51.328 Galicia Iago Caamaño
TC7 Aranga 11,26 km 18:12 Galicia Víctor Senra 7:49.825
TC8 Cerceda 10,40 km 19:34 Galicia Víctor Senra 7:05.251
TC9 Culleredo-Arteixo 8,10 km 20:20 Galicia Víctor Senra 4:55.129 Galicia Víctor Senra

Resumo[editar | editar a fonte]

O rally caracterizouse por unha intermitente choiva, coa que cobrou grande importancia a elección de pneumáticos dos equipos.[7] Víctor Senra comezou liderando con claridade na sesión matinal ao marcar o mellor tempo na primeira pasada aos tres treitos, con 13 segundos de vantaxe sobre Iago Caamaño e 30 sobre Alberto Otero.[8][9] Con todo, Iago Caamaño comezou a remontar nos seguintes dous treitos, nos que marcou o mellor tempo e colocouse a catro segundos de Senra. A remontada culminouse no sexto treito, no que o máis rápido foi o asturiano Óscar Palacio e no que os problemas coa panca de cambios de Senra lle fixeron perder máis de 23 segundos con Caamaño, que se colocou líder destacado, con máis de 19 segundos de vantaxe sobre o de Dumbría.[10] Cando todo parecía sentenciado Senra solucionou os seus problemas mecánicos e volveu facer os mellores tempos, recortándolle tres segundos a Caamaño no sétimo treito[11] e catro no oitavo,[12] colocándose a 12 segundos a falta do último tramo.[13] Finalmente conseguiu recortar a diferenza e nun final moi axustado gañar o rally por 159 milésimas sobre Iago Caamaño.[7]

Detrás deles quedou Alberto Meira, que mantivo unha loita pola terceira praza durante todo o rally con Alberto Otero (4º) e Óscar Palacio (5º).[13] Houbo algunhas saídas de pista como as de Jacobo Segade e o seu copiloto Adrián Muñiz, que bateron contra un poste eléctrico na primeira pasada por Aranga, ou a de Ricardo Costa e Rui Vilaça, tamén en Aranga, durante a segunda pasada, que obrigou á organización a neutralizar o treito, mentres que ambos pilotos foron conducidos ao hospital para ser examinados.[7]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Škoda Fabia R5 Yacar Racing 58:45.327
2 Galicia Iago Caamaño Galicia Alberto Rodríguez Ford Fiesta MKII Lalín Deza 58:45.486
3 Galicia Alberto Meira Galicia José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 59:16.920
4 Galicia Alberto Otero Galicia Jordan Vázquez Hyundai i20 R5 Lalín Deza 59:23.385
5 Asturias Óscar Palacio Galicia Mario González Ford Fiesta R5 Recalvi Team 59:46.887
6 Galicia Luis Vilariño Galicia Néstor Casal Citroën DS3 R5 UCAV Universidad de Ávila 1h01:22.428
7 Galicia Manuel Fernández Galicia Alejandro Cid Ford Fiesta R5 T. Martínez Racing 1h02:00.550
8 Galicia José Manuel Lista Galicia Iván Carmona Mitsubishi Lancer Evo IX José Manuel Lista Mañana 1h02:33.154
9 Galicia Jorge Pérez Oliveira Galicia Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 1h02:47.609
10 Galicia David Rivas Galicia José Antonio Pintor Citroën C2 R2 Max RVS Motorsport 1h03:10.628
11 Galicia Tino Iglesias Galicia Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h03:32.439
12 Galicia Domingo Molinos Galicia Alejo Souto Škoda Fabia R5 Berberecho 1h03:32.730
13 Galicia Diego Vila Galicia Álex Alonso Renault Clio N5 Recalvi Team 1h03:36.119
14 Galicia Daniel Álvarez Galicia Adrián Vázquez Peugeot 205 Rallye Galicia Motorsport 1h03:48.007
15 Galicia José Manuel Pazos Galicia David Calvo Ford Fiesta R200 Cuntis V.T. 1h03:53.276
16 Galicia Álvaro Pérez Galicia Brais Mirón Peugeot 208 VTI R2 Pérez Mirón Rally Team 1h03:59.538
17 Galicia Santiago García Galicia Luis Miguel Prego Peugeot 208 R2 Senra Sport 1h04:34.234
18 Galicia Daniel Berdomás Galicia Iván Boquete Citroën Saxo VTS One Seven 1h06:32.962
19 Galicia Marcos Rodríguez Galicia Daniel Rodríguez Citroën C2 Surco 1h06:45.147
20 Galicia Jorge Bergondo Galicia Rubén Roel Peugeot 208 R2 Yacar Racing 1h07:00.505
21 Galicia Luis Penido Galicia Sergio Cancela Mini JCW N2 Rally Santiago 1h07:29.984
22 Galicia Iván Lozano Galicia Diego Rodríguez Peugeot 106 Kit Car Yacar Racing 1h06:20.140
23 Galicia David Varela Galicia Estefano Domínguez Citroën Saxo Arteixo Motorsport 1h07:32.867
24 Galicia Sergio Otero Galicia José Antonio González Peugeot 206 RC Buxa Motor Poio 1h08:16.328
25 Galicia Pablo Gómez Galicia Manuel Barreiro BMW 318 E30 Berberecho 1h08:23.014
26 Galicia Diego González Galicia Diego García Citroën Saxo Moeche 1h08:23.817
27 Galicia Aitor Pico Galicia Marcos Castro Peugeot 106 GTI Scratch Fene 1h09:13.847
28 Galicia Juan Manuel Cagiao Galicia Iván Bergondo Citroën Saxo Ares Racing 1h09:34.375
29 Galicia Alejandro Castro Galicia Adrián López Peugeot 206 XS RVS Motorsport 1h09:51.995
30 Galicia Isaac Calvo Galicia Daniel Fernández Peugeot 106 PTC Escuela 1h10:06.372
31 Galicia Daniel Lamas Galicia Agustín Varela Citroën Saxo VTS Scratch Fene 1h10:08.697
32 Galicia Rubén Santas Galicia Óscar López BMW M3 Sarria Motor 1h10:38.760
33 Galicia Pablo Blanco Galicia Ian Quintana Peugeot 106 GTI Ourense 1h10:54.699
34 Galicia Sergio Suárez Galicia Martín Fariña Citroën Saxo Arteixo Motorsport 1h10:55.379
35 Galicia Javier Eiras Galicia Álvaro García Citroën Saxo Berberecho 1h11:05.014
36 Galicia Omar López Galicia Lucas López Suzuki Swift Sport N3 RVS Motorsport 1h11:25.745
37 Galicia Diego Coto Galicia Alejandro Vaqueiro Citroën Saxo MRT 1h11:49.911
38 Galicia Xacobe Macía Galicia Felipe Alvarado Citroën Saxo Autoclásico Ribeira Sacra 1h12:24.813
39 Galicia Mario Ríos Sánchez Galicia María Ríos Viña Seat Ibiza Galicia Motorsport 1h12:44.708
40 Galicia Kevin Cortegoso Galicia Jacobo Domínguez Citroën Saxo Galicia Motorsport 1h12:54.381
41 Galicia Darío Calviño Galicia Eduardo Mosquera Peugeot 205 SCC Yacar Racing 1h13:00.547
42 Galicia David Santos Galicia Tamara Pereira Citroën Saxo Arteixo Motorsport 1h13:15.905
43 Galicia Óscar Martínez Galicia Óscar Pena Expósito Peugeot 206 Arteixo Motorsport 1h13:31.498
44 Galicia Alejandro Martínez Galicia Nicolás Meizoso Renault Clio Sport A. Ferrol 1h13:45.741
45 Galicia Álvaro Castro Galicia Isidro Rey Citroën Saxo VTS 16V Pérez Mirón Rally Team 1h13:55.007
46 Galicia Bruno Lago Galicia Francisco Acción Peugeot 206 1.6 16V RVS Motorsport 1h13:55.824
47 Galicia Francisco García Galicia Óscar Javier Souto BMW 325I Yacar Racing 1h14:17.740
48 Galicia Javier Ramilo Galicia Iván Ferreiro Peugeot 206 XS Yacar Racing 1h14:28.449
49 Galicia José Ramón Furelos Galicia Agustín Furelos Citroën Saxo Galicia Motorsport 1h14:44.056
50 Galicia Francisco Dorado Galicia Roi Torrente Peugeot 208 T16 R5 Miño 1h15:00.519

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El rali de A Coruña da el pistoletazo de salida al Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  2. "Lista de inscritos" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  3. "El rali de A Coruña ya tiene plan: así serán los tramos". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "24 Rally de A Coruña 2020". GZRally. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  5. "El tramo preferido de los pilotos del rali de A Coruña: «Esa bajada es brutal»". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  6. "El rali de A Coruña ya tiene plan: así serán los tramos". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Gómez Cundíns, Pablo (29 de febreiro de 2020). "Víctor Senra se lleva el rali de A Coruña por una décima de segundo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  8. "Víctor Senra lidera el Rally de A Coruña tras la primera sección" (en castelán). 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  9. "Tempos tras a primeira pasada" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  10. "Tempos tras a segunda pasada" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  11. "Tempos treito 7" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  12. "Tempos treito 8" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  13. 13,0 13,1 "¡Por solo una décima! Víctor Senra gana el Rali de A Coruña por un suspiro después de 90 kilómetros cronometrados". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
-
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2020
Sucesor:
Rally San Froilán