Peugeot 106

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peugeot 106 reestilizado.
O piloto Sergio Vallejo no Rally de Avilés 1995, cun Peugeot 106 Rally Gr. A.

O Peugeot 106 é un automóbil do segmento B producido pola empresa francesa Peugeot entre 1991 e 2003.

O 106 propiciou a Peugeot moitos éxitos. Por un lado, grazas a unha gran aceptación do mercado, conseguiu unhas boas cifras de ventas, sobre todo entre o público máis novo. Por outro lado, éxitos deportivos en campionatos de rallys, e aínda na actualidade é posible ver Peugeot 106 en boa parte dos rallys disputados en Galiza.

Historia[editar | editar a fonte]

O 106 foi lanzado o 12 de setembro de 1991, con carrozaría hatchback de tres portas. Un ano despois engadiuse a variante de cinco portas. Os 106 son tecnicamente similares ó Citroën AX. O 106 foi estilizado de novo en abril de 1996, adoptando un estilo próximo ó do Citroën Saxo, un modelo de aspecto similar co que comparte motorizacións. A súa fabricación finalizou en xullo de 2003. Nos doce anos, 2.798.200 exemplares foron producidos nas fabricas francesas de Mulhouse e Aulnay-sous-Bois. O seu substituto, o Peugeot 107, saíu en 2006. Este comparte plataforma e deseño co Citroen C1 e o Toyota Aygo.

Motorizacións[editar | editar a fonte]

Gasolina[editar | editar a fonte]

Peugeot 106 1.1
  • 1.0 l
  • 1.1 l
  • 1.3 l Rally 100 cv
  • 1.4 l
  • 1.6 S8 105 cv
  • 1.6 S8 90
  • 1.6 Rally 100 cv
  • 1.6 S16 16v 120 cv
  • 1.4 l Sport 75 cv
  • 1.4 Quiksilver 75 cv (00-03)
  • 1.4 l 106 xsi 100cv non catalizado (91-92)
  • 1.4 l 106 xsi 95 cv catalizado (93-94)
  • 1.6 l 106 xsi 103cv catalizado (95)
  • 1.6 l 106 gti 16v 120 cv non catalizado

Diésel[editar | editar a fonte]

  • 1.5 max 58 cv
  • 1.4 max 55 cv

Características (106 XN)[editar | editar a fonte]

Motor: Dianteiro transversal; 4 cilindros en liña. 1.124 cm³ (72,0 X 69,0 mm). Bloque de aluminio. Culata de aliaxe lixeira. Árbore de levas accionada por correa dianteira. Prendido electrónico. Alimentado por carburador monocorpo Solex. Refrixeración por líquido con electroventilador. Relación de compresión: 9,4:1. Potencia: 60 CV DIN a 5.800 rpm. Par 8,9 mkg a 3.200 rpm.

Transmisión: Tracción dianteira. Embrague monodisco en seco (160 mm). Grupo final 3,765:1. Relación do cambio e revolucións: (km/h a 1.000 rpm): 1.ª 3.476:1 (7,49); 2.ª 1,809:1 (14,15); 3.ª 1,129:1 (22,68); 4ª 0,814:1 (31,46).

Bastidor: Suspensión dianteira independente, tipo McPherson, con triángulo inferior, resortes helicoidais e amortecedores telescópicos. Freos de duplo circuíto en X, con servofreno; dianteiros de discos (238 mm) e traseiros de tambores (165 mm). Dirección de cremalleira. 3,8 voltas de volante (37 cm. de diámetro). Diámetro de xiro: 10,1 m. Pneumáticos 145/50 R13 T. Llantas 4,5" x 13".

Carrozaría: Peso oficial 760 kg. Dimensións exteriores (m): 3,56x1,56x1,37. Batalla: 2,39 m. Vías dianteiras/traseira: 1,38/1,30. Depósito de combustible de 45 litros.

Prestacións: Velocidade máxima de 160 km/h. Aceleración 0-100 km/h en 14,1". Consumo a 90 km/h. 4,4 l; a 120 km/h. 5,9l; urbano 6,3 l.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Peugeot 106