Rally San Froilán de 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally San Froilán de 2019
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónOuteiro de Rei
Friol
Meira
Pol
OrganizadorEscudería Miño
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos8
Distancia tramos91,73 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Alberto Meira
Equipo campiónGalicia Recalvi Team
Participantes
Pilotos129
AnteriorRally San Froilán de 2018
SeguinteRally San Froilán de 2020

O Rally San Froilán de 2019 foi a 41ª edición de dito rally e a sétima proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 26 de outubro de 2019 e o vencedor foi Alberto Meira.

Itinerario[editar | editar a fonte]

Constou de oito treitos que sumaban un total de 91,73 km cronometrados e que discorreron polos concellos lucenses de Outeiro de Rei, Friol, Meira e Pol.[1][2]

Inscritos[editar | editar a fonte]

Inscribíronse 129 equipos, aínda que coa ausencia de Víctor Senra, que tras proclamarse matematicamente vencedor do campionato no rally anterior decidiu non correr os rallys restantes. Así pois os favoritos para a vitoria eran Alberto Meira e Iago Caamaño, principais rivais de Senra durante a tempada, e Adrián Díaz, vencedor da proba en 2017. Destacaban tamén na lista de inscritos outros pilotos como Luis Vilariño, Tino Iglesias ou o campión do mundo de tríatlon Iván Raña.[3]

Resumo[editar | editar a fonte]

Comezou liderando o rally Alberto Meira ao marcar o mellor tempo en tres dos catro treitos da mañá, en Outeiro de Rei e Friol, con Iago Caamaño gañando o terceiro treito e quedando de segundo nos demais. A diferenza entre os dous era de case cinco segundos e medio ao remate da sesión matinal.[4] Xa no primeiro treito da tarde, en Meira, a vantaxe de Alberto Meira aumentou a 13 segundos, e no seguinte tramo, a máis dun minuto, despois de que Caamaño sufrise problemas mecánicos, que finalmente o fixeron abandonar a proba.[5] Coa nova situación Meira baixou o ritmo para asegurar a vitoria e Adrián Díaz marcou o mellor tempo nos dous treitos finais, subindo finalmente ao podio en segunda posición, por diante de Alberto Otero.[6]

Coa vitoria neste rally Alberto Meira asegurouse a segunda praza do campionato galego.[7]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia Alberto Meira Galicia José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 55:26.547
2 Galicia Adrián Díaz Galicia Andrea Lamas Nissan Micra N5 Miño-Lugo 57:04.280
3 Galicia Alberto Otero Galicia Jordan Vázquez Ford Fiesta N5 Dona Urraca 57:45.449
4 Galicia Francisco Dorado Galicia Roi Torrente Peugeot 208 R5 Miño-Lugo 58:07.848
5 Galicia Manuel Sandamil Galicia Adrián Varela Suzuki Swift R+N5 A Pontenova 59:13.035
6 Galicia Tino Iglesias Galicia Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h00:18.541
7 Galicia Daniel Álvarez Galicia Adrián Vázquez Peugeot 205 Rallye Galicia Motorsport 1h00:29.561
8 Galicia David Rivas Galicia José Viéitez Citroën C2 RVS Motorsport 1h00:30.983
9 Galicia Óscar Veiga Galicia Eloy Fernández Subaru Impreza WRX STI A Pontenova 1h02:36.614
10 Galicia Iván Raña Galicia Diego Rodríguez Mitsubishi Lancer Evo IX PTC Escuela 1h02:37.071
11 Galicia Raúl Martínez Galicia Óscar Martínez Citroën C2 GT Congostra Team Sanxenxo 1h03:07.681
12 Galicia Jorge García Galicia Carmen Borrajo Peugeot 106 Kit Car T. Martínez Racing 1h04:04.796
13 Galicia Diego Vila Galicia Álex Alonso Citroën Saxo VTS Dona Urraca 1h04:10.083
14 Galicia Sergio Otero Galicia José Antonio González Peugeot 206 RC Surco 1h04:22.264
15 Galicia José Manuel Cabezas Galicia Luis Miguel Prego Peugeot 106 GTI RVS Motorsport 1h04:24.709
16 Galicia Aitor Pico Galicia Manuel Fresco Peugeot 106 GTI Scratch Fene 1h04:33.329
17 Galicia Rubén López Galicia Damián Outón Citroën C2 GT Sarria Motor 1h04:51.572
18 Galicia Albino López Galicia Gabriel Bermúdez Ford Fiesta R2 Lalín Deza 1h04:53.896
19 Galicia Adrián Vázquez Galicia Cristina Prieto Citroën C2 R2 Max Meira 1h05:09.541
20 Galicia Pablo Gómez Galicia Ramón Piso BMW 318 Berberecho 1h05:17.572
21 Galicia Francisco Rodríguez Galicia Estefanía Loureiro BMW 320 Siroco Narón 1h05:18.171
22 Galicia Miguel Ángel Caeiro Galicia Alberto Alonso Peugeot 106 Cuntis V.T. 1h05:28.422
23 Galicia Manuel Trevín Galicia Daniel Martínez BMW Compact Senra Sport 1h05:36.402
24 Galicia Fermín Sousa Galicia Víctor Manuel González Renault 5 GT Turbo Carracedo Competición 1h05:56.295
25 Galicia Miguel Iglesias Galicia Rubén Núñez Citroën Saxo Melide Motorsport 1h05:59.571
26 Galicia José Antonio Otero Galicia Christopher Telmo Subaru Impreza WRX STI Congostra Team Sanxenxo 1h06:06.186
27 Galicia Pablo Blanco Galicia Ian Quintana Peugeot 106 GTI Ourense 1h06:31.203
28 Galicia Adrián Torreiro Galicia Iván Gómez Suzuki Swift Sport A Pontenova 1h06:52.597
29 Galicia Óscar Gallego Galicia Mª Teresa López Suzuki Swift Sport Lalín Deza 1h06:59.361
30 Galicia Diego González Galicia Diego García Citroën Saxo VTS Moeche 1h07:14.970
31 Galicia Rubén Puime Galicia Ezequiel Salgueiro Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h07:21.326
32 Galicia Ángel Boullón Galicia Manuel Míguez Peugeot 106 GTI Santiago 1h07:38.861
33 Galicia Pedro Reija Galicia Natalia Aldeguinde Peugeot 306 GTI 16V Miño-Lugo 1h07:42.277
34 Galicia Álvaro Castro Galicia Francisco Nieto Citroën Saxo VTS 16V Santiago 1h07:45.233
35 Galicia Brais García Galicia Adrián Filgueira Citroën Saxo Berberecho 1h07:45.423
36 Galicia Mario Ríos Galicia Rubén Carballo Seat Ibiza Galicia Motorsport 1h07:48.532
37 Galicia Daniel Gandoy Galicia María Sueiras Peugeot 106 Siroco Narón 1h08:07.113
38 Galicia Mario Saa Galicia Eloy Saa BMW 328i Miño-Lugo 1h08:19.056
39 Galicia Clemente Alves Galicia José Luis Suárez Peugeot 206 Miño-Lugo 1h08:32.625
40 Galicia Javier Eiras Galicia Sergio Iglesias Citroën Saxo Berberecho 1h08:43.417


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "41º Rally San Froilán 2019". GZRally (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  2. "Tramos, horarios y lista de inscritos Rallye San Froilán 2019". Pé á chapa racing (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  3. "Lista de inscritos San Froilán 2019" (PDF). GZRally. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  4. "Clasificación matinal San Froilán" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  5. "Alberto Meira domina en el Rallye San Froilán". El Progreso (en castelán). 26 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  6. "Alberto Meira, vencedor del Rali de San Froilán" (en castelán). 26 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  7. "Alberto Meira se impone en el San Froilán y zanja a su favor el subcampeonato" (en castelán). 29 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally Mariña Lucense