Rafael Varela Pazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Varela Pazo
Biografía
Nacemento21 de xullo de 1910 Editar o valor em Wikidata
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de febreiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Rafael Varela Pazo, nado na Estrada o 21 de xullo de 1910 e finado no mesmo concello o 28 de febreiro de 1961, foi un mestre e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Varela Puente e Francisca Pazo Tornadijo. Militou nas Irmandades da Fala e publicou poemas e textos de opinión na prensa. Dirixiu La Vanguardia, foi asiduo colaborador de El Emigrado e tamén escribiu en La Estrada, Las Riberas del Eo e Céltiga. Foi vicesecretario do Comité pro Monumento a Pardo de Cela constituído na Estrada en decembro de 1932.[1] Estaba anunciado como presentador do mitin galeguista da Estrada o 12 de xaneiro de 1936 no que interviron Ramón de Valenzuela, Víctor Casas e Castelao.[2] Con Ramiro Alfonso Castro Dono representaron A Estrada no enterro de Antón Vilar Ponte en marzo de 1936. Foi nomeado mestre interino de Castro de Amarante. Logo tivo que incorporarse a filas no exército franquista e combateu na guerra. Ao rematar a guerra volveu ser mestre en Castro de Amarante e despois en Matalobos. Finou nun accidente de motocicleta o 28 de febreiro de 1961.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa tamén mestra Encarnación Cives Tarrela e foron pais de Magdalena e Ramiro Varela Cives.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 13-12-1932, p. 10.
  2. El Pueblo Gallego, 12-1-1936, p. 13.
  3. El Pueblo Gallego, 4-3-1961, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]