Radler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Radler (denominado tamén Alster, Panaché, Panasch ou Wurstwasser) é unha mestura moi popular de cervexa con soda ou limoada, moi típica nos restaurantes e bares de Alemaña. O radler considerase unha mestura do 60% de cervexa pura e 40% de limoada. Denominase tamén Gespritztes en Austria.

[editar] Historia

O Radler preparouse por primeira vez no ano 1922 por Franz Xaver Kugler, propietario dunha especie de restaurante denominado Kugler Alm na comarca de Oberhaching, ao sur de Múnic. O lugar está moi frecuentado por ciclistas (Fahradfahrern, coloquial no dialecto alemán: "Radler").

Nun día sen precisar de xuño do 1922 unha grande afluencia de ciclistas ("Radler") apareceu no bar de Franz e ao ver que se ía esgotando a provisión de cervexa, este tomou a decisión de mesturala con limoada para conseguir que durase máis. A mestura gustou e pouco a pouco foi servíndose unha bebida denominada "Radlermaß" (En Bavaria é unha medida grande de cervexa).

[editar] Variantes noutros paises

En España a mestura de cervexa con limoada recibe diferentes nomes: clara (ás veces chámase así o combinado de cervexa e gasosa), lixivia, pica, xampú e shandy.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas