Rabixunco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rabixuncol
0017trpoicbird.JPG
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Preocupación baixa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pelecaniformes
Familia: Phaethontidae
Xénero: Phaethon
Nome científico
Phaethon aethereus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O rabixunco, Phaethon aethereus, é unha ave mariña distribuída polas zonas tropicais dos océanos Atlántico, océano Índico e polo leste do Pacífico. A subespecie do Índico, P. a. indicus, foi nun tempo considerada unha especie separada: o Rabixunco pequeno.

Descrición [editar]

Os adultos son aves esbeltas de plumaxe principalmente branca. Miden uns 48 cm de lonxitude, incluíndo as dúas plumas centrais da cola, que miden tanto como o resto do corpo. A envergadura das alas, que teñen marcas negras, e de ó redor dun metro. Teñen o bico vermello, máis alaranxado na subespecie P. a. indicus. O aspecto dos dous sexos é semellante, por ben que as plumas da cola sexan de media máis longas nos machos. Os exemplares novos son máis agrisados polo lombo, teñen o bico amarelo e fáltanlles ás plumas longas da cola.

A subespecie P. a. indicus ten o bico máis alaranxado

Conduta [editar]

Os rabixuncos reprodúcense en illas tropicais. Poñen un ovo só directamente no chan ou nunha cornixa nos acantilados. Acabada a época reprodutora espállanse por unha área ampla, aparecendo moito máis ó norde do seu territorio habitual, mesmo nalgunha ocasións nas costas europeas e do norte de América. Aliméntanse de peixes e luras, malia seren malos nadadores.

Notas [editar]