Raúl Anganuzzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Raúl Anganuzzi, nado en 1906 descoñecéndose a data do seu pasamento, foi un tirador de esgrima arxentino, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou con 21 anos nos Xogos Olímpicos de 1928 celebrados en Ámsterdan como parte do equipo de florete arxentino xunto con Roberto Larraz, Luis Lucchetti, Héctor Lucchetti e Carmelo Camet como suplente.[1] Na primeira rolda competiu con Bélxica, España e Noruega vencendo nos tres combates. Pasou nunha vitoria axustada os cuartos de final fronte aos Estados Unidos e doadamente aos Países Baixos. Na semifinal venceu a Hungría pero na seguinte fase perdeu con Francia facéndose o equipo arxentino coa medalla de bronce, a única medalla olímpica que logrou arxentina en esgrima.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Amsterdam 1928 part 2", Amsterdam 1928, Olympic results, Wyniki igrzyzk olimpijskich.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]