Murmur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Murmur
Álbum de R.E.M.
Publicado12 de abril de 1983
Gravaciónxaneiro-febreiro de 1983
Estudio(s)Reflection Studios, Charlotte
Duración44:11
Xénero(s)rock alternativo, post-punk, folk rock
Selo(s)I.R.S. Records
Producido porDon Dixon, Mitch Easter
Cronoloxía
Chronic Town Murmur Reckoning

Murmur é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo R.E.M., publicado o 12 de abril de 1983 a través do selo I.R.S. Records. O disco foi aclamado pola crítica tras o seu lanzamento polo seu son pouco común, definido polas letras crípticas do vocalista Michael Stipe, o duro e discordante estilo de guitarra de Peter Buck, e as liñas melódicas do baixista Mike Mills.

Gravación[editar | editar a fonte]

R.E.M. comezou a gravar o seu álbum de estrea en decembro de 1982. I.R.S. emparellou á banda co produtor Stephen Hague, que tiña un perfil máis alto que o anterior produtor de R.E.M. Mitch Easter.[1] A énfase de Hague na perfección técnica non encaixou co grupo; o produtor fixo ao grupo interpretar múltiples tomas da canción "Catapult", o que desmoralizou ao batería Bill Berry. Ademais, Hague colleu o tema completo e levouno ao estudio Synchro Sound de Boston onde lle engadiu partes de teclado sen o permiso do grupo.[2] Insatisfeitos, os membros de R.E.M. pedíronlle ao selo poder gravar con Easter.[3] I.R.S. accedeu a unha sesión de proba, permitindo á banda viaxar a Carolina do Norte e gravar a canción "Pilgrimage" con Easter e o seu compañeiro Don Dixon. Tras escoitar o resultado I.R.S. permitiu ao grupo traballar con Dixon e Easter.[4]

O 6 de xaneiro de 1983 R.E.M. entrou nos Reflection Studios en Charlotte, Carolina do Norte, para comezar as sesións de gravación con Easter e Dixon. Gran parte do material da banda para o disco probárase en anteriores xiras. Debido á mala experiencia con Hague, o grupo gravou o traballo a través dun proceso de negación, rexeitando incorporar clichés do rock como solos de guitarra ou os populares sintetizadores da época, para darlle á súa música unha sensación intemporal.[4] Berry especificamente resitíuse a suxestións musicais "raras", insistindo en que as súas baterías fosen gravadas cunha cabina para batería, unha técnica xa anticuada nese momento.[5] Dixon e Easter adoptaron un enfoque práctico na meirande parte do proceso de gravación. A parella só arranxou unha pista de voz e pedíronlle ao vocalista Michael Stipe regravar se era moi deficiente.[6] A gravación rematou o día 23 de febreiro de 1983.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Bill Berry, Peter Buck, Mike Mills, e Michael Stipe, agás onde se indique. 

Cara 1
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Radio Free Europe"    4:06
2. "Pilgrimage"    4:30
3. "Laughing"    3:57
4. "Talk About the Passion"    3:23
5. "Moral Kiosk"    3:31
6. "Perfect Circle"    3:29
Cara 2
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Catapult"    3:55
2. "Sitting Still"    3:17
3. "9–9"    3:03
4. "Shaking Through"    4:30
5. "We Walk"    3:02
6. "West of the Fields"  Berry, Buck, Mills, Stipe e Neil Bogan 3:17
Cancións extra da edición The IRS Vintage Years de 1992
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "There She Goes Again"  Lou Reed 2:48
2. "9–9" (vivo en Boston, Massachusetts, 13 de xullo de 1983)  3:04
3. "Gardening at Night" (vivo en Boston)  3:47
4. "Catapult" (vivo en Seattle, Washington, 27 de xuño de 1984)  4:03

Canción extra da edición deluxe de 2008 (Live at Larry's Hideaway in Toronto, July 9, 1983)

  1. "Laughing" – 3:51
  2. "Pilgrimage" – 4:08
  3. "There She Goes Again" (Reed) – 2:43
  4. "Seven Chinese Brothers" – 4:15
  5. "Talk About the Passion" – 3:02
  6. "Sitting Still" – 4:11
  7. "Harborcoat" – 3:45
  8. "Catapult" – 3:51
  9. "Gardening at Night" – 3:33
  10. "9-9" – 3:16
  11. "Just a Touch" – 2:27
  12. "West of the Fields" (Berry, Buck, Mills, Stipe, and Bogan) – 3:06
  13. "Radio Free Europe" – 4:57
  14. "We Walk" – 2:55
  15. "1,000,000" – 3:05
  16. "Carnival of Sorts (Box Cars)" – 3:58

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Buckley, p. 71
  2. Black, p. 72
  3. Buckley, p. 72
  4. 4,0 4,1 Buckley, p. 78
  5. Buckley, p. 79
  6. Buckley, p. 89

Bibliografía[editar | editar a fonte]