Monster (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Monster
Álbum de R.E.M.
Publicado26 de setembro de 1994
Gravaciónabril - maio de 1994
Estudio(s)Kingsway Studio, Nova Orleans; Crossover Soundstage, Atlanta; Criteria Studios, Miami; Ocean Way Recording, Los Angeles
Duración49:15
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Warner Bros. Records
Producido porScott Litt e R.E.M.
Cronoloxía
The Automatic Box Monster R.E.M.: Singles Collected

Monster é o noveno álbum da banda estadounidense de rock alternativo R.E.M., publicado o 26 de setembro de 1994 a través do selo Warner Bros. Records. Coprodido pola banda e Scott Litt, Monster representou un cambio estilístico intencional con respecto aos anteriores traballos, Out of Time (1991) e Automatic for the People (1992), consistindo en arranxos sinxelos e guitarras altas e distorsionadas. As letras do vocalista Michael Stipe tratan sobre a natureza da fama, que canta mentres asume varias personaxes. Liderado polo sinxelo "What's the Frequency, Kenneth?", Monster estreouse no número 1 nos Estados Unidos. A banda promocionou o disco coa súa primeira xira dende 1989.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Bill Berry, Peter Buck, Mike Mills e Michael Stipe.

Cara 1 – "Head side"
  1. "What's the Frequency, Kenneth?" – 4:00
  2. "Crush with Eyeliner" – 4:39
  3. "King of Comedy" – 3:40
  4. "I Don't Sleep, I Dream" – 3:27
  5. "Star 69" – 3:07
  6. "Strange Currencies" – 3:52
Cara 2 – "Tail side"
  1. "Tongue" – 4:13
  2. "Bang and Blame" – 5:30
  3. "I Took Your Name" – 4:02
  4. "Let Me In" – 3:28
  5. "Circus Envy" – 4:15
  6. "You" – 4:54

Notas[editar | editar a fonte]

As versións en casete e vinilo teñen outra versións dos nomes das caras. Os temas 1-6 foron etiquetados como 'C Side', mentres que os 7-12 como 'D Side'