Río de Vilaselán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perfil altimétrico do río de Vilaselán
PaísGalicia Galicia
NacementoFontes do Lobo (Ove, Ribadeo)
Lonxitude4,45 Km
ConcaRío de Vilaselán
DesembocaduraEsteiro de Vilaselán
Cunca hidrográfica das augas a mar aberto da Mariña Oriental
Desembocadura do río de Vilaselán
Desembocadura do río de Vilaselán

O río de Vilaselán é un río da provincia de Lugo. Transcorre enteiramente polo concello de Ribadeo.

Topografía[editar | editar a fonte]

O Río de Vilaselán nace nas 'Fontes do Lobo', na parroquia ribadense de Ove, pasando logo á de Vilaselán, onde desemboca.[1]

É curto, de pendente grande na parte alta, e pendente media no resto, ata a súa desembocadura, onde forma un esteiro.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Na súa parte alta e desembocadura atópase rodeado de eucaliptos. No resto do seu percorrido predominan os prados.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Fai un corte na rasa costeira, que representa a meirande parte do seu percorrido.[2]

Medio ambiente[editar | editar a fonte]

Está abondo afectado porque nas súas fontes (as Fontes do Lobo) cóllese auga para Ribadeo, deixando só un pequeno regueiro no mellor dos casos, co que o seu caudal é mínimo na actualidade, exceptuando chuvias copiosas. Antes de percorrer 1 km pasa á beira do vertedoiro vello de Ribadeo, hoxe nominalmente pechado. Asemade, a partir do primeiro quilómetro de percorrido, recibe augas sen tratar no seu leito. Finalmente, xa case no esteiro, serve de leito para o emisario de augas de Ribadeo[3], ata que este sae a mar aberto.

Aproveitamento[editar | editar a fonte]

Non é aproveitado exceptuando aplicacións naturais propias.

Construcións[editar | editar a fonte]

No seu primeiro tramo só é atravesado por un par de camiños sen pontes, estando minimamente canalizado á beira do antigo vertedoiro[4]. Logo atravesa a estrada local Ribadeo - A Devesa entubado, (e próximo á circunvalación ribadense), atopando logo á súa beira casas, a estrada N-634, outras estradas menores e camiños, todos xa con pontes. En tramos vese canalizado, e aínda un longo tramo vai entubado baixo construcións (tras pasar pola N-634).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sixpac". sixpac.xunta.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 2019-01-04. 
  2. Asensio Amor, Isidoro (1975). "Morfología del frente costero en el límite galaico astur". Boletín del Instituto de Estudios Asturianos. 84-85 (29): 347–358. ISSN 0020-384X. 
  3. "El emisario de Ribadeo cobra forma". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-06-18. Consultado o 2019-01-05. 
  4. "Del Álamo pone a Ribadeo como ejemplo de preocupación por el medio ambiente". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-02-06. Consultado o 2019-01-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]