Golfo de Roses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O golfo de Roses desde o castelo de Sant Salvador

O golfo de Roses é un golfo situado na costa do Alt Empordà, ao norte da Costa Brava, que se abre ao mar Mediterráneo entre o sur da península do cabo de Creus e o macizo do Montgrí.

É o principal golfo da costa de Cataluña e constitúe a saída natural ao mar da comarca e das terras de Xirona. Toma o nome da vila de Roses, a poboación máis importante da súa costa. A miúdo é chamado impropiamente baía de Roses debido á concorrencia de significados noutras linguas.