Río Garigliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garigliano
GariglianoFoce.jpg

O Garigliano na linde entre a Campania e o Lacio
País Italia
Rexión n/d
Nacemento Confluencia Gari e Liri
Altitude n/d
Lonxitude 38 km
Caudal medio
Conca 5.020 km2
Desembocadura Mar Tirreno

O Garigliano é un pequeno río do centro de Italia, que desemboca no Mar Tirreno a uns 70 km ao noroeste de Nápoles, logo de fluír por 38 km. As súas beiras ten sido escenario de varias importantes batallas.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Garigliano está formado pola confluencia dos ríos Gari e Liri. Na maior parte do seu curso serve de límite administrativo entre as rexións do Lacio e a Campania. Desemboca no golfo de Gaeta, sito sobre o Mar Tirreno.

O sistema Garigliano-Liri acada 158 km de lonxitude.

Historia[editar | editar a fonte]

O río ten sido escenario de numerosas batallas ao longo dos séculos, como por exemplo a da vitoria de Guido de Spoleto sobre sarracenos en 885.

Durante moito tempo constituíu a fronteira meridional dos Estados Pontificios, e foi coñecido con o nome de río Verde.

En decembro de 1503, o cabaleiro Bayard, sen medo e sen chata, xunto con Pierre Terrail de Bayard cubríu a retirada dun exército francés fronte a un grupo de tropas do rei de España, impedíndolles pasar a ponte do Garigliano. Máis tarde foi relevado por outros compañeiros. Á postre os franceses foron derrotados polas tropas hispanas.

En 1860 as tropas do rei de Nápoles, foron derrotadas nas súas beiras polos voluntarios garibaldinos.

Durante a Segunda Guerra Mundial, o Garigliano servíu de apoio á liña Gustav, un sistema defensivo alemán, qui foi escenario da batalla de Monte Cassino en 1944.

Explotación[editar | editar a fonte]

Actualmente as súas augas son empregadas para regadíos e para usos industriais. Houbo sobre as marxes unha central termonuclear, perto da cidade de Sessa Aurunca, construída en 1964, que foi desactivada no ano 1982.