Quiscalus mexicanus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Quiscalus mexicanus

Macho de Quiscalus mexicanus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Icteridae
Xénero: Quiscalus
Especie: Quiscalus mexicanus
Mapa de distribución
Mapa de distribución

Mapa de distribución
Sinonimia

Cassidix mexicanus (Gmelin, 1788)

Quiscalus mexicanus é unha especie de ave paseriforme da familia Icteridae orixinario de América do Norte e do Sur. Está estreitamente relacionado co Quiscalus major e o Quiscalus palustris.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Amosa dimorfismo sexual, xa que os machos miden até 43 cm de lonxitude (cunha cola case tan longa coma o corpo), pesan 230 g, e son negros cun lustre iridiscente. As femias son máis pequenas; miden até 33 cm de lonxitude, pesan 125 g, e son marróns. O seu canto é unha mestura de sons fortes e estridentes. Son moi exitosos e intelixentes, quen de abrir bolsas e caixas de cartón en busca de comida. Adoitan arredar a especies máis pequenas e defenden os seus niños agresivamente emitindo un chasquido de alarma que pon en alerta ós demais.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Johnson, K., e B. D. Peer. 2001. Great-tailed Grackle (Quiscalus mexicanus). En The Birds of North America, Núm. 576 (A. Poole e F. Gill, eds.). The Birds of North America, Inc., Filadelfia, PA.