Pye Jakobsson
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pye Jakobsson, nada en Estocolmo en 1968, é unha traballadora do sexo e activista social sueca.
Traxectoria [editar]
Comezou a traballar como stripper en 1987. En 1988 mudouse a Lisboa, onde quedou 6 anos, acadando o título de Piano no Conservatorio da cidade. Ao regresar a Suecia comezou a ocuparse polos dereitos humanos das persoas que traballan na industria sexual.
Forma parte da organización Rose Alliance, a prol da reivindicación dos dereitos para as traballadoras e traballadores do sexo.
Ten formación en neuropsiquiatría, sendo especialista en trastorno do déficit de atención con hiperactividade e na síndrome de Asperger.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Entrevista a Jakobsson sobre a criminalización dos clientes. (en inglés)