Puri Ameixide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPuri Ameixide

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalPurificación Ameixide Rodríguez
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloxía Galego-Portuguesa
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónProfesora
Xénero artísticoNarrativa
LinguaLingua galega

Purificación Ameixide Rodríguez, máis coñecida como Puri Ameixide, nada en Monforte de Lemos en 1967, é unha profesora e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos nove anos marchou de Monforte e logo viviu e estudou na Coruña. Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela en 1990. Dende 1991 exerceu a docencia, en Lingua Galega e Literatura, primeiro en Vigo e posteriormente no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño.

En 2013 publicou Nada se esquece[1], novela de formación protagonizada por unha rapaza, Laura Souto[2], e ambientada nos finais da década de 1960, nos tempos da ditadura franquista[3]. Laura narra en primeira persoa as relacións coa nai e a irmá, os problemas coas amigas, o primeiro amor e o ambiente escolar monfortino desa época; todo mentres agardan para mudarse a vivir a Vigo. De fondo a música e, sobre todo, as películas do cine e da televisión.

En 2018 publicou Claro de lúa[4]. Novela protagonizada por Rosa e Leandro, nos tempos da francesada na Guarda que pode lembrar a Jane Austen, Charlotte Brontë e Lev Tolstoi[5]. O título lembra a denominación popular da Sonata para piano n.º 14, de Ludwig van Beethoven en 1801[6]. A historia tamén lembra as novelas de fidalgos de Otero Pedrayo. Segundo Dolores Martínez Torres: con indisimulado manierismo romántico, esta voluminosa novela tece un amable relato costumista da incipiente burguesía da vila da Guarda a principios do século XIX.[7] Para Xurxo González: é un volume conformado por 469 páxinas. Un grosor contundente que nos remite á amplitude que tiñan os lombos desas narracións-río típicas da literatura decimonónica.[8]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Nada se esquece (2013), Redelibros.
  • Claro de lúa (2018), Xerais.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ameixide, Puri (2013). Nada se esquece. Redelibros. p. 210. ISBN 978-84-940538-1-8. 
  2. "Nada se esquece. Puri Ameixide". www.amazon.es. Consultado o 05/09/2018. 
  3. "Nada se esquece". maleducadas.wordpress.com. Consultado o 05/09/2018. 
  4. Ameixide, Puri (2018). Claro de lúa. Edicións Xerais. p. 472. ISBN 978-8491214038. 
  5. "Claro de lúa". xerais.gal. Consultado o 05/09/2018. 
  6. Nicolás, Ramón. "Claro de lúa de Puri Ameixide". cadernodacritica. Consultado o 05/09/2018. 
  7. "Amable crónica costumista con fórmulas clásicas" (PDF). blog.xerais.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15/09/2019. Consultado o 06/12/2018. 
  8. "Claro de lúa, de Puri Ameixide: neoromanticismo miñoto". proxectosocheo. Consultado o 06/12/2018. 
  9. "Estaba farta de personaxes masculinos fascinantes e perigosos aos que redimir e reformar por amor", entrevista en Praza.gal.