Saltar ao contido

Praia de Area das Vacas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPraia de Area das Vacas
Imaxe
Tipopraia de area dourada
praia de rochas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCanduas, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°13′41″N 8°57′01″O / 43.228, -8.9504
Características
Dimensións10 (ancho) × 40 (lonxitude) m

A praia de Area das Vacas é un pequeno areal situado na parroquia de Canduas, no concello de Cabana de Bergantiños. Esta bañada pola ría de Corme e Laxe, e presenta un estado case natural.

O seu nome vén dado porque era un lugar común onde os veciños da parroquia levaban a pastar as vacas.

Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como o maragota (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis) ou a lapa; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico.

Nela practícase pesca deportiva.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]