Mazarico real
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Mazarico real | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Numenius arquata | ||||||||||||
O mazarico real (en castelán, zarapito real [1]), nome científico Numenius arquata) é unha especie de ave caradriforme da familia Scolopacidae que cría en case toda Europa, no norte e leste, en prados, zonas lamacentas, ríos, brañas, costas e estuarios.
Recoñécese de forma doada pola súa forma, cun longo pico lixeiramente curvo, e a súa voz, cun canto moi rechamante e bonito. A cor da súa plumaxe é pardo area.
O seu niño é un pequeno oco, revestido de herba, no chan. Pon catro ovos nunha única niñada, de abril a xullo.
Aliméntase de vermes, insectos, cangrexos, moluscos e estrelas de mar.
Índice |
Subespecies [editar]
Coñécense tres subespecies de mazarico real:[2]
- Numenius arquata arquata (Linnaeus, 1758)
- Numenius arquata orientalis Brehm, C.L., 1831
- Numenius arquata suschkini Neumann, 1929
Notas [editar]
- ↑ de Juana, E., del Hoyo, J., Fernández-Cruz, M., Ferrer, X., Sáez-Royuela, R. y Sargatal, J.. "Nombres en Castellano de las Aves del Mundo recomendados por la Sociedad Española de Ornitología". http://www.seo.org/media/docs/vol_43_3_tercero.pdf. Consultado o 7 de xuño de 2011.
- ↑ Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names.". http://www.zoonomen.net/avtax/frame.html. Consultado o 27 de abril.
- Hume, Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8