Pousada, Baleira
Coordenadas: 42°58′N 07°14′W / 42.967°N 7.233°W
| Pousada | |
|---|---|
| Concello | Baleira |
| Área | 11,31 km² |
| Poboación | 158 hab. (2003) |
| Densidade | 13,97 hab./km² |
| Entidades de poboación | 8 |
San Lourenzo de Pousada é unha parroquia do concello de Baleira e do arciprestado de Valdepedroso, delimitada polas freguesías de A Esperela e A Fontaneira ó norte; Penarrubia e Pedrafita de Camporredondo (as dúas do concello de Baralla) ó sur; Teixeira e Pedrafita de Camporredondo (Baralla) ó leste, e Riomol e Furís (Castroverde) ó oeste. Os seus 158 habitantes están distribuídos en oito núcleos poboacionais cunha densidade media de 14 hab/km2 no 2003. Da súa xurisdición depende o anexo de San Pedro de Esperela.
As oito entidades de poboacion son Airexe (17), O Lago (1), Pousada (24), O Queirogal (31), A Quintá (16), Rego de Pereira (8), Teilalle (6) e Vilar (55).
A altitude media é de 699 metros.
Índice |
Patrimonio [editar]
Nesta parroquia hai dous monumentos de carácter relixioso. Na aldea de A Quintá está a Capela de Santa Bárbara, un pequeno edificio de construción popular que consta dunha planta rectangular conformada por muros de cachotaría e sillería de granito e xisto, e cuberta de lousa a dúas augas. A portada principal é alintelada, cun pórtico sobre ela. No seu interior ten só un retablo de estilo neoclásico.
Na aldea de Airexe está a Igrexa parroquial de San Lourenzo de Pousada. O edificio, de planta cadrada, divídese no seu interior en tres naves, separadas entre si por dúas fileras de columnas e pilastras. O presbiterio é de planta cadrada, con tres contrafortes no exterior. Os muros son de cachotería e sillería de granito e xisto, e a cuberta é de lousa a dúas augas. O presbiterio segue a liña da nave central, situándose a menor altura desta. Dispón dunha tosca cornixa ao longo da nave central, cun arco triunfal de medio punto. O frontis ten unha portada con arco de medio punto, e sobre esta unha torre campanario que sobresae, formando un cobertizo de planta cadrada, que apoia sobre catro piares. Dos retablos que se conservan, o da capela maior é de estilo barroco e encóntrase mutilado por causa de diferentes reformas no edificio. Os das capela laterais son de estilo neoclásico o da dereita e barroco o da esquerda.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Pousada [editar]
| Lugares da parroquia de Pousada no concello de Baleira (Lugo) | |
|---|---|
|
Airexe | O Lago | Pousada | O Queirogal | A Quintá | Rego de Pereira | Teilalle | Vilar |
Parroquias de Baleira [editar]
| Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira | |
|---|---|
|
A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela) |