Cantería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cantería ou cantaría é a arte de labrar a pedra para o seu emprego posterior en construcións. Asócianse varios oficios a esta técnica, sendo os máis destacables os canteiros.

Mestre canteiro representado nun canzorro medieval

O traballo de canteira mecanizouse en gran parte, ocasionando a desaparición paulatina dos oficios da cantaría. Actualmente, a súa produción está dirixida, preferentemente, cara a restauración de edificacións de alto valor arquitectónico e patrimonial, para o revestimento de fachadas e a elaboración de fábricas de pedra.

Materia prima[editar | editar a fonte]

A pedra é a materia prima da cantería, variando a técnicas e ferramentas usadas, en función das súas propiedades propias como a dureza, fraxilidade, composición xeolóxica, etc

Proceso de elaboración e oficios[editar | editar a fonte]

O proceso de traballo comeza coa extracción da rocha da canteira, cun subsecuente despece de bloques, aplicarlle un escuadro, para finalmente proceder a labrar os cachotes.

Este proceso consta de catro fases, intervindo en cada unha diferentes artesáns:

  • extracción do material, seguindo a veta, ou febra, con cuñas, marrón, barra e pico de recalar;
  • redimensión do bloque de pedra, empregando cuñas, pico, mandarria e escuadro;
  • proporcionar as formas idóneas, realizado polo canteiro;
  • acabado final, incluíndo, a veces, detalles decorativos.

Marcas de cantería[editar | editar a fonte]

Os antigos artesáns marcaban os seus traballos cuns signos chamados marcas de canteiro, recoñecibles entre eles, os cales tamén aparecían gravados na súas ferramentas de traballo. Eran marcas moi simples, compostas por raias, puntos, cruces, ou coa letra inicial do nome. Estes signos servían de referencia para coñecer a produción de cada artesán; e foron profusamente empregadas na arquitectura medieval.

Ferramentas[editar | editar a fonte]

Canteiro coas súas ferramentas

No proceso de elaboración da pedra necesítase un amplo número de utensilios e ferramentas, entre as que encontramos:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cantería

Outros artigos[editar | editar a fonte]