Vilar, Pousada, Baleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilar
ParroquiaPousada
ConcelloBaleira
Coordenadas42°59′14″N 7°13′58″O / 42.987209457542, -7.232823621604Coordenadas: 42°59′14″N 7°13′58″O / 42.987209457542, -7.232823621604
Poboación44 hab. (2014)
editar datos en Wikidata ]

Vilar é a aldea con maior número de habitantes dos 8 núcleos de poboación da parroquia de San Lourenzo de Pousada, sendo tamén a segunda maior aldea de todo o concello de Baleira. Dista uns 3,5 quilómetros da cabeceira do concello, O Cádavo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A actividade da poboación é maiormente gandeira e agrícola. Situada na parte superior do chamado Val do Pedroso, entre a serra serra da Legúa (960 m) e Vilar-Quintá (650 m), está vetada polos arroios de Pacios e o da Esperela, tendo unha orografía case chá. No tocante ás comunicacións terrestres, a aldea está atravesada pola estrada LU-710, que a comunica a 11 km coa A-6 (no quilómetro 465) e coa cabeza do concello a 3,5 km.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O edificio máis destacado é o antigo colexio público, de planta rectangular de dúas plantas (80 m² por planta), construído en granito e pedra a dúas augas e artesoados en madeira. A fachada principal presenta na segunda planta unha galería de madeira sustentada por catro columnas hexagonais de granito. Recentemente foi restaurada.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Pousada[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Pousada no concello de Baleira (Lugo)

Airexe | O Lago | Pousada | O Queirogal | A Quintá | Rego de Pereira | Teilalle | Vilar

Parroquias de Baleira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)