Padriñán, Sanxenxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Padriñán
Nova igrexa de Padriñán
ConcelloSanxenxo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°24′21″N 8°48′31″O / 42.405898, -8.8086321Coordenadas: 42°24′21″N 8°48′31″O / 42.405898, -8.8086321
Área5,3 km²
Poboación3.732 hab. (2016)
Densidade704,15 hab./km²
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xenxo de Padriñán é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 3.732 habitantes (1.894 mulleres e 1.838 homes), o que supón manter a mesma poboación que tiña en 2009, cando tiña 3.731 habitantes, e un aumento respecto a anos anteriores, como no 2000, cando tiña 3.241 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ó norte coa parroquia de Nantes, ó oeste coa de Adina, ó leste coa de Bordóns e ó sur coa ría de Pontevedra. A parroquia ten unha superficie de 5,3 km2, distribuída en 13 entidades de poboación.

A capital municipal, Sanxenxo, localízase nesta parroquia.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Xes de Padriñán é de estilo gótico mariñeiro, do século XV, como corresponde coa longa serie de igrexas que as ordes mendicante ergueron ó longo da costa durante os séculos XIV a XVI. Consta dunha soa nave de planta rectangular, e ábsida, máis estreita que a nave, dunha soa capela. A capela é rectangular, con arco apuntado na entrada e bóveda de cruzaría estrelada. A fachada principal, occidental, foi modificada nalgún momento, e presenta sobre a porta a imaxe da Virxe do Carme co Meniño no colo. Máis arriba, un pequeno rosetón.

En 1965 comezou a construírse o chamado Templo Novo, cuxas obras remataron en 1976, e que hoxe funciona como igrexa parroquial. É a igrexa máis moderna e de maior capacidade do municipio e o seu arquitecto foi Joaquín Robles Echenique. Está construído en pedra, co tellado de lousa. Ten planta hexagonal e cuberta en chanzos, coa particularidade de que en cada nivel os hexágonos xiran respecto ó anterior. No interior da igrexa destaca a gran cruz do altar maior.

Na parroquia está tamén o pazo de Miraflores.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Padriñán[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Padriñán no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

Aldariz | A Carabuxeira | A Florida | Fontoira | A Laxe | Miraflores | Padriñán | Palacios | Reis | Sanxenxo | Seixal | Seixalbo | O Vinquiño

Parroquias de Sanxenxo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]