Bordóns, Sanxenxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bordóns
Bordóns.jpg
Igrexa parroquial.
Concello Sanxenxo
Área 2,5 km²
Poboación (Ano 2007) 601 hab.
Densidade 240,4 hab./km²
Entidades de poboación 8

San Pedro de Bordóns é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o INE de 2009 tiña 619 habitantes (314 homes e 305 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2000 cando tiña 587 habitantes.

Índice

[editar] Patrimonio

A igrexa parroquial conta cunha soa nave rectangular, dividida en tres tramos. O primeiro está composto por tres arcos de medio punto, que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior. Os outros dous tramos son de planta rectangular e de maior anchura.

No exterior destaca a fachada principal, cunha espadana de dúas campás e varios pináculos de ornamentación, que se repiten en tódalas esquinas do templo.

No contorno da igrexa destaca a entrada do camposanto, do que se conservan dous linteis dun baldaquino. Un deles representa o enterro de Cristo, que aparece tendido sobre o arco axudado por dous santos no extremo do sudario mentres San Xoán lle colle a man esquerda. Detrás aparece a Virxe chorando.

No outro frontal aparece San Sebastián asaeteado por dous saións [1]sobre fondo de seis frechas en forma de auréola.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Bordóns

Lugares da parroquia de Bordóns no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

Areas | Carballal | Chan de Vila | A Lamela | Nanín | O Outeiro | A Regata | Sear

[editar] Parroquias de Sanxenxo

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

[editar] Notas

  1. Verdugos que executaban os condenados.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas